Bolsas
Nesta sección iremos publicando todas aquelas Bolsas que vaian dirixidas a persoas cun grao de discapacidade superior ao 33%, así como aquelas dirixidas a persoas sen discapacidade que teñan unha formación orientada á atención do noso colectivo.
Bolsa de estudo para estudantes con discapacidade para ir a unha das Escolas do Mundo Unido. Fundación ONCE e Fundación Comité Español de los Colegios del Mundo Unido
A axuda, valorada en 45.000€, permitirá realizar os dous cursos da Bacharelato Internacional en Canadá, Estados Unidos, Singapore, China, India, Swazilandia, Noruega, Reino Unido e Italia, entre outros.
Matrícula gratuíta. UNED
Os estudantes con discapacidade terán exención do pagamento de prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas por primeira vez de ensinanzas reguladas, debendo aboar un 50% dos prezos correspondentes a unha segunda matrícula.
"Master en Creatividade e Guións de Televisión". Fundación Grupo Globomedia
A Fundación Grupo Globomedia ofrece dúas bolsas de estudio para estudantes con discapacidade na súa IX edición do Master en Creatividade e Guións de Televisión
V Convocatoria de Bolsas Prevent para Estudantes con Discapacidade. Fundación Prevent
A Fundación Privada Prevent achega os alumnos con discapacidade ós estudos axeitados ás súas preferencias persoais e á súa vocación profesional, ofrecendo, ó final do percorrido, profesionais cualificados e altamente motivados para o mercado laboral.
Programa de Bolsas "Abriendo Caminos". IBM
Programa IBM Abriendo Caminos de bolsas para estudantes universitarios e recién titulados que posúan o Certificado Oficial de Discapacidade.
Banco de Productos de Apoio. Fundación Universia
Fundación Universia xestiona, a través dun sistema de préstamo, "produtos de apoio" co fin de facilitar o desenvolvemento formativo e o emprego de persoas con discapacidade.
IV Convocatoria Nacional de Bolsas á Formación dirixida a Estudiantes con Discapacidade. Fundación MAPFRE
A Fundación MAPFRE, entidade sen ánimo de lucro, convoca por cuarto ano consecutivo as "Becas á Formación dirixida a Estudantes con Discapacidade" 2012-2013
"XI Bolsa de Investigación" e "XXII Concurso de Traballos" sobre Discapacidade .Física. Asociación Roosevelt
Con carácter anual, a Asociación Roosevelt convoca unha Bolsa de Investigación e un Concurso de Traballos onde a temática central versará en torno ó mundo da discapacidade física.
V Convocatoria Becas Capacitas. Fundación Capacitas
Fundación Universia articula o Programa de Becas Capacitas de axuda ao estudo no ámbito da ensinanza universitaria.
Beca para a Obtención/Reconversión do Permiso de Conducir
A Asociación xestionou a concesión de Bolsas para a obtención ou reconversión do permiso de conducir, grazas á subvención do Ministerio do Interior, concedido a través da Federación Nacional ASPAYM.



















