Divulgación e Sensibilización
Campañas
Aspaym-Galicia realizou diversas campañas de sensibilización para concienciar a poboación co obxectivo de reducir o número de lesións medulares producidas por unha condución temeraria, un mergullo ou un accidente laboral. Entre elas encóntrase a Campaña de Control da Alcoholemia "Non corras. Non bebas... Non cambies de rodas. "
Publicacións
Nesta sección iremos divulgando todas aquelas publicacións editadas pola Asociación, e todas as entidades das que formamos parte, que poidan interesar tanto ás persoas que pertenzan ao colectivo de Lesionados Medulares como a aquelas que teñan algún outro tipo de minusvalidez.
Xornadas, Congresos e Conferencias
Nesta sección iremos anunciando todas aquelas Xornadas, Congresos e Conferencias que se celebren en Galicia, e outros lugares de España, que poidan interesar tanto, ás persoas que pertenzan ao colectivo de Lesionados Medulares (e grandes discapacitados, en xeral) como a aquelas persoas que non teñan ningún tipo de minusvalidez pero desexen informarse sobre unha realidade que afecta cada día a un maior número de persoas.
Charlas
Aspaym-Galicia realiza charlas de divulgación e sensibilización para a prevención da Lesión Medular en todos aqueles centros educativos que o soliciten. Os nosos principais destinatarios son os alumnos de ensino primario e secundario e tamén os estudantes universitarios.
Actos Benéficos
Nesta sección iremos anunciando todas aqueles actos benéficos organizados por Aspaym co obxectivo de recadar fondos cos que poder seguir traballando en favor da mellora das condicións de vida do colectivo de Lesionados Medulares.
Premios
Nesta sección iremos informando de todos aqueles premios que sexan outorgados ás institucións, entidades privadas, científicos e cidadáns particulares que contribuísen, dun modo ou outro, á mellora das condicións de vida das persoas que pertencen ao noso colectivo.



















