Campañas
Aspaym-Galicia realizou diversas campañas de sensibilización para concienciar a poboación co obxectivo de reducir o número de lesións medulares producidas por unha condución temeraria, un mergullo ou un accidente laboral. çNesta sección móstranse algunhas delas.
Campaña de Control da Alcoholemia
Aspaym-Galicia leva organizando dende hai varios anos a Campaña de Control da Alcoholemia "Non Corras, Non Bebas... Non cambies de rodas" en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e o resto de Asociacións da Federación.
Convenio con Institucións Penitenciarias
A través deste convenio, ASPAYM ofrece 23 prazas para que persoas condenadas por delitos contra a seguridade vial poidan realizar o cumprimento das súas penas de traballo en beneficio da comunidade en 8 das nosas Asociacións.



















