Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Asóciate

ASPAYM Galicia é a única Asociación de ámbito autonómico adicada ao colectivo de Lesionados Medulares e Grandes Discapacitados Físicos. Dende ASPAYM Galicia pensamos que a unión fai a forza, e que só formando parte dunha gran familia na que todos esteamos representados e na que todos poidamos opinar e decidir sobre as cuestións que nos interesan e nos preocupan, poderemos reivindicar e facer valer os nosos dereitos como cidadáns, ao tempo que nos apoiamos mutuamente para superar os problemas que a todos nos afectan.

Dende ASPAYM Galicia:

  • Loitamos por un "mundo sen barreiras".
  • Buscamos a plena integración das persoas con discapacidade.

Por iso, e para poder seguir avanzando, pedimos a túa colaboración: faite socio de Aspaym-Galicia por só 30 € ó ano. Poderán pertencer á Asociación todas aquelas persoas que teñan interese no desenvolvemento dos seus fins, sexan ou non persoas con discapacidade. Os socios de ASPAYM Galicia terán prioridade na adxudicación daqueles programas e servizos nos que, debido aos recursos existentes, non se poidan cubrir todas as solicitudes recibidas. Ademais, a participación en todos os programas da Asociación será gratuíta para os socios de Aspaym.

Para facerte socio de Aspaym-Galicia só necesitas:

  • Estar rexistrado na nosa web. Se aínda non o estás pica aquí.
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do Certificado de Discapacidade.
  • Xustificante de Domiciliación Bancaria. En caso de optar por unha transferencia anual, deberase aboar a cota os 30 primeiros días de cada ano na nosa conta da entidade Nova Galicia Banco (para coñecer o número de conta, chamar ó teléfono 881 873 507)

Pode enviarnos a documentación...

  • Envíandolo por correo electrónico a info@aspaymgalicia.org
  • Ou ben por correo ordinario a C/ Curtis nº10 baixo 15009 A Coruña

Unha vez finalizada a alta de socio/a, recibirá no seu domicilio unha carta de benvida do presidente, xunto co dosier da asociación e unha nota informativa coas condicións, dereitos e obrigas dos nosos socios/ás.

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Solicite aquí a admisión como socio de Aspaym-Galicia

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric