Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Atención Personal y Vida Autónoma

O programa "Atención Personal y Vida Autónoma" é un programa que se desenvolve en Galicia dende fai 17 anos, grazas á subvención que Aspaym-Galicia recibe cada ano do Ministerio de Sanidade, Politica Social e Igualdade, a través da Federación Nacional Aspaym.

Este programa consiste na prestación dun servizo integral ás persoas gravemente minusválidas cun elevado nivel de dependencia, mediante o cal se pretende mellorar a súa calidade de vida, fomentar a súa autonomía persoal e evitar a súa institucionalización, tendo como base fundamental no desenvolvemento deste a participación do usuario na realización das tarefas e a súa implicación directa nos obxectivos. O programa de "Atención Personal y Vida Autónoma" consiste nun servizo que abarca tres aspectos:

  • Atención Persoal, apoiando ao usuario a cubrir as súas necesidades básicas da vida diaria (vestimenta, alimentación e hixiene persoal).
  • Axuda a domicilio, atendendo aquelas tareas domésticas que non podan ou lles sexa moi dificil realizar ás persoas afectadas. Estas duas facetas son asumidas directamente polos auxiliares do fogar.
  • Autonomía Persoal, onde trabállanse aquelas potencialidades do individuo que o propicien a acadar unha maior autonomía, non so persoal senón tamén social.

O principal obxectivo deste programa é promover a plena integración social das persoas con gran discapacidade física, a través da atención e a promoción persoal, sen embargo, faise imposible prestar este servizo a todas as persoas que o solicitan, debido á gran demanda existente. Será, polo tanto, o Departamento de Traballo Social de Aspaym-Galicia, o que valore a adxudicación ou desestimacion do servizo, en base á situación persoal de cada solicitante.

 

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Solicite aquí a participación no Programa de Atención Persoal e Vida Autónoma.

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric