Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Accesibilidade Web

O obxectivo da Asociación ASPAYM Galicia é que todas as persoas, independentemente de ter unha discapacidade, da idade ou de acceder á web dende tecnoloxías pouco convencionais, poidan navegar polas páxinas deste sitio web sen atopar dificultades de acceso. A tal fin, o desenvolvemento baseouse no cumprimento das Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web 1.0 establecidas polo W3C (Consorcio da World Wide Web). Algunhas das funcionalidades implementadas no sitio web para permitirlle acceder a tódolos contidos da web con maior facilidade son:

- As características visuais do portal (tipo de letra, cor de fonte e fondo, etc.) defínense mediante a folla de estilos para que o usuario poida axustar o texto ás súas preferencias.

- Os tamaños das fontes definíronse con unidades relativas para que poida ampliar ou diminuír o tamaño da fonte dende as opcións do navegador.

- As páxinas teñen unha estrutura clara tanto para o usuario que pode ver todo o contido, como para o que le a información cun lector de pantalla, usuarios que desactivan a folla de estilos, etc. Baixo este obxectivo, definíronse mediante o código HTML os encabezados de sección, as listas e todos os elementos que axudan á comprensión xeral do sitio web.

- O código HTML e CSS empregado axústase ás gramáticas formais para garantir a correcta visualización dos contidos en distintos navegadores.

Se detecta dificultades de acceso aos contidos non dubide en poñerse en contacto connosco. Para iso pode utilizar o formulario de contacto.

A páxina dispón de contido audiovisual que é reproducido directamente a través de canles de Youtube. Este contido dispón do seu propio reprodutor, que é propiedade exclusiva de Youtube. Por ese motivo, ASPAYM Galicia non se fai responsable das condicións de accesibilidade que proporcione este reprodutor, e é posible que atope algunha dificultade para navegar con todas as garantías de accesibilidade mediante os seus controis. Para poder acceder correctamente ás funcionalidades deste, actualmente requírese utilizar o Navegador Internet Explorer, o lector de pantalla JAWS, na súa versión 10, e Microsoft Windows, a partir da versión XP, como sistema operativo. 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric