Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Colabora

Donativos

Se desexas realizar un donativo, contacta connosco no teléfono 881 87 35 07 ou no correo electrónico: info@aspaymgalicia.org e informarémoste do proceso a seguir e para que se utilizará o teu diñeiro.

Faite Voluntario

O traballo que realiza a Asociación sería imposible sen a colaboración do voluntariado, formado tanto por persoas socias da entidade como non socias.
Os Lesionados Medulares veteranos poden colaborar connosco a través do Programa de Titorías, ensinando habilidades, orientando, motivando e apoiando a outros Lesionados Medulares máis recentes, a partir da transmisión das súas propias experiencias e coñecementos, no marco dunha serie de sesións entre ámbolos dous.
Pola súa banda, os voluntarios sen discapacidade que o desexen poden colaborar connosco a través do Programa de Autonomía Persoal, acompañando aos Lesionados Medulares que o soliciten, durante un determinado número de horas á semana, para que poidan realizar diversas actividades cotiás, como facer a compra, ir ao banco, ir ao cine ou simplemente dar un paseo.

¿Como facerse Voluntario?

Para traballar como voluntario en Aspaym-Galicia só é necesario realizar a seguinte Solicitude. 

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Solicite aquí a admisión como voluntario en Aspaym_Galicia

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric