Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Convenio con la Consellería de Política Social

PROGRAMA DE ATENCIÓN DIRIXIDO AO COLECTIVO DE LESIONADOS MEDULARES RESIDENTES EN GALICIA E O MANTEMENTO DA ENTIDADE PARA O EXERCICIO 2023

Entidade financiadora: Consellería de Política Social (Xunta de Galicia)
Tipo: Convenio
Período de vigor: 1 de xaneiro de 2023 – 31 de decembro de 2023

Orzamento: 55.142,00€

Data de sinatura: 16 de maio de 2023

a) Servizo de información, orientación e asesoramento: levarase a cabo por un/unha traballador/a social. O seu principal obxectivo é asesorar a todas aquelas persoas con lesión medular que soliciten información sobre cuestións relacionadas coa súa discapacidade, así como aos seus familiares e persoas achegadas. Dentro deste servizo incluirase un estudo para coñecer a situación e as necesidades do maior número posible de persoas con lesión medular que residen en Galicia.
b) Servizo de transporte adaptado: está destinado a asistir a todas aquelas persoas que, pola súa condición de persoa con lesión medular ou cunha grande discapacidade que teña recoñecida unha mobilidade reducida, precise dun transporte adaptado para desprazarse e, particularmente, sempre e cando non estean cubertos por outras vías.
c) Servizo de apoio psicosocial á persoa que sufriu unha lesión medular recentemente: desenvólvese durante dúas fases ou etapas importantes para a persoa con lesión medular e para as súas familias e/ou persoas achegadas: o período hospitalario (a través de entrevistas concertadas) e o período post-hospitalario (ao seu regreso ao domicilio).
d) Servizo de rehabilitación integral: trátase dun servizo totalmente personalizado proporcionado por un/unha fisioterapeuta.

 


 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric