Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Ponencias sobre sensibilización en centros educativos

Aspaym-Galicia realiza xornadas de divulgación e sensibilización para a prevención da Lesión Medular en todos aqueles centros educativos que o soliciten. Os nosos principais destinatarios son os alumnos de ensino primario e secundario e tamén os estudantes universitarios.

As charlas son impartidas por persoal técnico da asociación e nelas tamén cóntase coa presenza e testemuña dun lesionado medular veteran que transmite ao auditorio a súa experiencia persoal e as dificultades ás que ten que face fronte diariamente. Noso obxectivo é concienciar á xuventude da importancia da prevención das conductas de risco mais habituais e evitar así que poidan padecer unha lesión medular debido a unha zambullida, imprudencias ou a unha conducción temeraria.

Especialmente, ante o público mais maior, a nosa ponencia fai fincapé nos casos de lesión medular relacionados con accidentes de tráfico e consumo de drogas e alcohol. Mentres que, con alumnos de primaria e os primeiros cursos de secundaria, os nosos esforzos van máis encamiñados a unha prevención en zambullidas, caídas e conductas de risco e/ou deportes.

Ainda que o obxecto é claramente preventivo, o público asistente soe sentirse moi interesado polas características propias dunha lesión medular e as consecuencias na vida diaria dunha persoa afectada.  Por este motivo, os alumnos poden preguntar as súas dúbidas acerca de cómo é a súa vida profesional, sentimental e de parella así como aspectos médicos e de actividades e ocio. Ademais, sempre que exista tempo e as instalación o permitan, os alumnos disfrutan dunha divertida sorpresa á par que didáctica que favorece a empatía dos nenos co colectivo de persoas con movilidade reducida.

Se desexa solicitar unha charla, poñase en contacto con nos no teléfono 881 87 35 07 ou no e-mail info@aspaymgalicia.org

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA LESIÓN MEDULAR NO IES PINTOR COLMEIRO (SILLEDA)

O martes día 2 de FEBREIRO de 2012 terá lugar no IES Pintor Colmeiro de Silleda unha charla de sensibilización e prevención da lesión medular dirixida a estudantes de 3º e 4º da ESO, impartida por unha traballadora social, unha psicóloga e un voluntario con lesión medular.

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA LESIÓN MEDULAR NO CPI BEMBIBRE

O martes día 26 de MARZO de 2012 terá lugar no CPI Bembire do Val do Dubra unha xornada de sensibilización e prevención da lesión medular dirixida a estudantes de ESO, impartida por unha traballadora social, unha psicóloga e un voluntario con lesión medular.

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA LESIÓN MEDULAR NO IES MARUXA MALLO DE ORDES

O martes día 8 de MAIO de 2012 terá lugar no IES Maruxa Mallo de Ordes unha xornada de sensibilización e prevención da lesión medular dirixida a estudantes de 4º da ESO, impartida por unha trabajadora social, unha psicóloga e un voluntario con lesión medular.

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN EPREVENCIÓN DA LESIÓN MEDULAR NOS IES FONTEXERÍA E AS ÍNSUAS DE MUROS

O martes día 3 de Decembro de 2013, coincidindo co Día Internacional da Discapacidade, tivo lugar no IES Fontexería de Muros unha charla de sensibilización e prevención da lesión medular dirixida a estudiantes de 2º, 3º e 4º da ESO.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric