Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Turismo y Termalismo

Descripción do Programa

Aspaym-Galicia, como membro da Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos (PREDIF) vén desenvolvendo dende 1997 un PROGRAMA DE TURISMO Y TERMALISMO dende o que se organizan viaxes de varios días de duración a diferentes destinos de España e do estranxeiro, en aloxamentos e con actividades totalmente accesibles.

Este programa, subvencionado polo IMSERSO, ten entre seus principais obxectivos facilitar ás persoas con discapacidade a práctica dunhas actividades de ocio dentro dun ambiente normalizado, favorecendo así a súa participación social e a mellora do seu estado de saúde. Cada ano incorpóranse novos destinos turísticos: praias, montaña, visitas culturais, actividades na natureza, viaxes nacionais e internacionais…

Obxectivos do Programa

Os obxectivos do programa son os seguintes:

  •     Facilitar ás persoas con gran discapacidade, a práctica dunhas actividades de ocio similares ás do resto da sociedade, dentro dun ambiente normalizado e co apoio persoal que precisan.
  •     Propiciar a independencia persoal.
  •     Evitar o deterioro funcional das persoas con discapacidade.
  •     Proporcionar respiro familiar.
  •     Mellorar o estado xeral de saúde dos beneficiarios.
  •     Fomentar as relación sociais das persoas con discapacidade.

Documentación Necesaria

  •     Solicitude cumprimentada en tódolos seus apartados.
  •     Informe médico (só para o programa de TERMALISMO).
  •     Fotocopia do DNI do beneficiario e do acompañante.
  •     Fotocopia do certificado de grao de discapacidade.

Tódala documentación debe enviarse por correo con 45 días de antelación sobre a data prevista de saída da viaxe solicitada á seguinte dirección:

PREDIF
Avda. Doctor García Tapia 129, local 5
28030 –Madrid

As nosas viaxes inclúen

  •     Transporte adaptado, ida e volta, e destino se se especifica.
  •     Seguro de viaxeiros.
  •     Monitores de apoio (un requisito indispensable é que quenes precisen de axuda de terceira persoa leven o seu propio acompañante).
  •     Hotel accesible, en réxime de pensión completa, excepto aqueles turnos nos que se especifique o contrario no programa.

Oferta 2013

Ver a oferta de Turismo e Termalismo 2013.

Máis Información

Telf. 91 371 52 94 (Predif)
web: www.predif.org

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric