Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Programa de Formación e Emprego

As persoas con discapacidade sofren unha taxa de desemprego entre dous e tres veces superior á media, e a duración do seu desemprego é máis longa que a do resto da poboación.

A Integración Social é inherente, para moitas persoas con discapacidade física, á Integración Laboral, por este motivo, Aspaym-Galicia promove, dende os seus inicios, actuacións socio-formativas, implementar as nas novas instalacións que a Asociación posúe na Coruña.

En materia de emprego, as accións da Asociación céntranse en dar resposta a ofertas específicas de emprego, é dicir, cando as propias empresas necesitan cubrir un posto de traballo, e solicitan un perfil determinado. As contratacións resultan do froito de múltiples xestións, primeiro informando o empresario sobre os incentivos á contratación e despois derivando candidatos/ás que se axusten ao perfil solicitado.

En materia de formación, o obxectivo principal que Aspaym-Galicia se marcou é xestionar todos os recursos ao noso alcance para facilitar a formación de cada demandante de emprego, programando un "itinerario formativo" individualizado para cada persoa e complementando, na medida do posible, toda a oferta formativa que reciba, en función dos seus obxectivos laborais.

Aspaym-Galicia conta, tamén, cun Servizo de Orientación Laboral e unha Bolsa de Formación e Emprego da que poden formar parte todas aquelas persoas con discapacidade física que o demanden, así como aquelas persoas sen discapacidade que teñan unha formación orientada á atención do noso colectivo. Ademais diso, Aspaym-Galicia tambien imparte, regularmente, diversos cursos de formación na sede da Asociación.

Servizo de Orientación Laboral

A través do seu Servizo de Orientación Laboral, Aspaym-Galicia ofrece asesoramento e información a todas aquelas persoas cun grao de minusvalidez superior ao 33%, así como aquelas persoas sen minusvalidez que teñan unha formación orientada á atención do noso colectivo.

Bolsa de Formación e Emprego

Aspaym-Galicia dispón dunha Bolsa de Formación e Emprego da que poden formar parte tanto aquelas persoas con minusvalidez física que o demanden, coma aquelas persoas sen minusvalidez que teñan unha formación orientada á atención do noso colectivo.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric