Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Política de Privacidade

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, "LOPD"), ASPAYM GALICIA, infórmalle de que os datos de carácter persoal que nos proporcionou mediante a cumprimentación de calquera formulario electrónico que aparece na nosa Web Site, así como aqueles datos aos que ASPAYM GALICIA acceda como consecuencia da súa navegación, da consulta, solicitude ou contratación de calquera servizo ou produto, ou de calquera transacción ou operación realizada a través da Web site www.aspaymmadrid.org, serán recollidos nun ficheiro cuxo responsable é ASPAYM GALICIA, provista de CIF GR-15323058, con domicilio para estes efectos en Rúa Curtis, Nº10 baixo, 15009 A Coruña.

Poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais, nos termos e condicións previstos na propia LOPD. A non cumprimentación dos campos obrigatorios que aparecen en calquera formulario de rexistro electrónico poderá ter como consecuencia que ASPAYM GALICIA non poida atender á súa solicitude.

As finalidades da recollida dos seus datos persoais son as que particularmente se indiquen en cada unha das páxinas onde apareza o formulario de rexistro electrónico. Con carácter xeral, os datos de carácter persoal que nos proporcione serán utilizados para atender as súas solicitudes de información, así como informalo sobre novas actividades, produtos e servizos de ASPAYM GALICIA.

O consentimento para a comunicación de datos de carácter persoal é revogable en calquera momento, se ben non terá efectos retroactivos. Se ao completar os seus datos no correspondente formulario manifestou a súa vontade de recibir información a través de correo electrónico, consente así mesmo a que lle remitamos comunicacións comerciais por vía electrónica segundo o esixido pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico. 

No suposto de que nos facilite datos de carácter persoal de terceiras persoas, en cumprimento do disposto no artigo 5.4. LOPD, declara ter informado con carácter previo ás devanditas persoas do contido dos datos facilitados, da procedencia dos mesmos, da existencia e finalidade do ficheiro onde se conteñen os seus datos, dos destinatarios da devandita información, da posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, así como dos datos identificativos de ASPAYM GALICIA, nos termos e condicións aquí establecidos.

ASPAYM GALICIA comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal, facendo uso destes exclusivamente para as finalidades indicadas. ASPAYM GALICIA infórmalle de que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso de conformidade co previsto no artigo 9 LOPD e no Real Decreto 1720/07, do 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal. 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric