Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Convenio con Institucións Penitenciarias

A reforma do Código Penal en materia de seguridade vial, define con maior rigor tódolos delitos contra a seguridade de tráfico e contra a seguridade vial, evitando que determinadas condutas cualificadas como de violencia vial poidan quedar impunes. O 28 de xullo de 2009, a Federación Nacional Aspaym asinou un convenio de colaboración coa Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade, en materia de tráfico e seguridade vial. O obxecto do convenio é establecer unha forma de colaboración para o efectivo cumprimento das penas, fomentando a reeducación e a reinserción social das persoas sometidas a estas actividades.

A través deste convenio, ASPAYM ofrece 23 prazas, para que as persoas condenadas por estes delitos poidan realizar os traballos substitutorios en 8 das nosas asociacións: Galicia, Asturias, Baleares, Canarias, Castilla y León, Madrid, Toledo e na propia Federación. As actividades ofertadas diríxense, fundamentalmente, a prestar apoio na xestión das tarefas administrativas da entidade, o acompañamento a persoas con lesión medular para a realización de tarefas básicas, e o apoio nas actividades da entidade (talleres, eventos...)..

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric