Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Campaña de Control da Alcoholemia

Aspaym-Galicia leva organizando dende hai varios anos a Campaña de Control da Alcoholemia "Non Corras, Non Bebas... Non cambies de rodas" en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e o resto de Asociacións da Federación. Nela, varios lesionados medulares da Asociación acompañan ós axentes da Garda Civil durante a realización de diversos controis de alcoholemia, en distintos puntos da Rede Española de Estradas.

O obxectivo da campaña é concienciar ós condutores da importancia de conducir dun modo responsable, e evitar o consumo de alcohol á hora de conducir. Para iso, unha vez realizado o control polo axente, o lesionado medular achégase ao vehículo controlado e transmítelle ao condutor o seu testemuño e a súa experiencia persoal, demostrándolle, ao mesmo tempo, as consecuencias e as secuelas dos accidentes de tráfico.

Albúm de fotos

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric