Saltar a: Menu | Corpo | Pe

"Master en Creatividade e Guións de Televisión". Fundación Grupo Globomedia

 

A Fundación Grupo Globomedia ofrece dúas bolsas para estudantes con discapacidade na X edición do Máster en Creatividade e Guións de Televisión, unha iniciativa de Globomedia e a Universidade Rey Juan Carlos.

No proceso de valoración das solicitudes, teranse en conta o tipo e grao da discapacidade, así como a compatibilidade co seguimento académico do Máster. Así mesmo, xulgaranse outros factores relacionados coa aptitude e disposición do solicitante para a escritura.

A normativa do Máster require para formalizar a inscrición unha titulación universitaria ou experiencia valorable no sector.

A dotación de cada bolsa será polo importe total das taxas académicas do curso. Para optar a estas será necesario presentar un certificado de discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. 


Características do Máster:

O obxectivo e finalidade do Máster de Cretividad e Guións de Televisión é o da alta formación de profesionais creativos para traballar no sector audiovisual.

O programa docente desenvolveráse durante 600 horas de clases teórico-prácticas impartidas nas instalacións de Globomedia e na Facultade de Ciencias da Comunicación da URJC no campus de Fuenlabrada (Madrid).

Ademais, súmanse máis de 500 horas (catro meses) de prácticas de diferentes especialidades de escritura de guións en programas e series producidos pola produtora Globomedia, realizadas durante o período lectivo.

Conta no seu programa con módulos adicados ós contidos televisivos (características, evolución e xestión), á creación de formatos de entretemento e de ficción, así como á escritura de guións para ámbolos dous tipos de producións televisivas. As clases son impartidas por profesionais e creativos de Globomedia e doutras produtoras, directivos de cadeas de televisión e docentes da Universidade Rey Juan Carlos.

Prazo de preinscrición:

Ata o 5 de Outubro de 2012

Tríptico
Formulario de preinscrición


Para máis información,
E-mail: fundacion.master@urjc.es
Teléfono:  91 488 83 33
                  91 488 83 43 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric