Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Becas Máster Fundación Universia

Becas Máster Fundación Universia

O Programa de Bolsas Fundación Universia-Centro Garrigues nace da vontade de fomentar a integración sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades.
Mediante a concesión de axudas económicas a estudantes con minusvalidez perséguese que poidan progresar con normalidade no seu proceso de formación académica e profesional, incrementando deste modo as oportunidades de consecución dun emprego de calidade.

O prazo remata o 31/07/2013

Destinatarios:

Poderán solicitar as bolsas aquelas persoas que finalizasen os seus estudos dunha licenciatura ou grao:

Ter obtido na licenciatura ou grao unha cualificación media mínima de 7 sobre 10.

Posuír un dominio suficiente dalgún idioma estranxeiro, preferiblemente o inglés.

Non ter formalizado aínda a reserva de praza en ningún dos programas de formación que imparte o Centro Garrigues.

Acreditar legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou incapacidade permanente

Máis información:
Para obter máis información os interesados poden dirixirse a:

E-mail: fundacion@universia.net
Teléfono: +34 91 289 57 47
Consulta las bases en:
www.fundacionuniversia.net
www.centrogarrigues.com

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric