Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Programa de Bolsas "Abriendo Caminos". IBM


Dentro do compromiso de IBM por facilitar a integración e garantir a igualdade de oportunidades, renace o programa "Abriendo Caminos" de bolsas para estudantes universitarios e recén titulados que posúan o certificado oficial de discapacidade. Esta iniciativa, xurdida inicialmente en 2002, foi promovida por empregados de IBM, concienciados da importancia da integración de persoas discapacitadas no mundo laboral.

O obxectivo destas bolsas é contribuír á inserción laboral das persoas con discapacidade, os que tras realizar un esforzo moi significativo para integrarse no mundo universitario e rematar satisfactoriamente os seus estudos, encontran dificultades para incorporarse ao mundo do traballo. 


En que consisten?

As bolsas consisten en 500 horas de traballo (6 meses) en prácticas formativas na Compañía, cunha xornada laboral de entre 4 e 8 horas diarias, segundo a dispoñibilidade do alumno.

Contía da bolsa: 2400 euros brutos en concepto de bolsa de estudos, (400(€) bruto/mensual).


Quen pode solicitalas?

O programa está dirixido tanto a estudantes matriculados na universidade no presente curso académico, con polo menos 50% dos créditos aprobados, como a estudantes matriculados nalgún Master Universitario.

Fundamentalmente búscanse estudantes de Enxeñaría, Matemáticas, Físicas, Químicas, Económicas, Mercadotecnia, Comunicación, Dereito ou Empresariais de calquera universidade.

Necesario
Licenciatura/Grao
Inglés: Nivel Avanzado
Grao de Discapacidade de polo menos un 33%


Como solicitalas?

Para acceder ao programa, os candidatos deben achegar o seu curriculum á dirección de correo electrónico abaixo referida. De cara á preselección das solicitudes teránse en conta os seguintes aspectos;

  • Estudos en curso e cursados.
  • Datos do CV
  • Motivación

Unha vez efectuada a preselección, o departamento de selección de IBM porase en contacto cos candidatos preseleccionados. 


Para obter información adicional ou resolver algunha consulta, a través dos seguintes teléfonos:

* Covadonga Barcia 66480
* Mercedes Timermans 66597
* Carmen Bonet 67707

Envío de CV ao correo electrónico. covadongabarcia@es.ibm.com 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric