Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Banco de Productos de Apoio

Banco de Productos de Apoio

Fundación Universia continúa a súa aposta por este sistema de préstamo gratuíto que ofrece aos estudantes universitarios con discapacidade a posibilidade de dispoñer de Produtos de Apoio temporalmente, co fin de mellorar a súa autonomía e favorecer a accesibilidade universal.

Poden participar neste programa os estudantes matriculados en universidades españolas, recén titulados/diplomados ou graduados que estean a realizar prácticas profesionais ou accedesen ao seu primeiro emprego, así como Persoal Docente e Investigador (PDI) e Persoal de Administración e Servizos (PAS) da universidade, que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Este proxecto está avalado por diferentes universidades, a través dos seus Servizos de Atención á Discapacidade, e entidades públicas e privadas especializadas, que contribúen a prestar un servizo integral de asesoramento, subministración e mensaxería. As persoas interesadas poden contactar coa Oficina de Atención á Discapacidade da universidade na que se encontren matriculados, para levar a cabo o préstamo do Produto que necesite.

Data de Comezo: 01/09/2013

Data de Remate: 30/09/2014

Mais información picando AQUI: http://www.fundacionuniversia.net/programas/igualdad/becas/detalleProgramas-1440.html

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric