Saltar a: Menu | Corpo | Pe

IV Convocatoria de Bolsas Másters 2012-13. Fundación Universia e Centro de Estudos Garrigues

O Programa de Bolsas Fundación Universia-Centro Garrigues nace da vontade de fomentar a integración sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades.

Mediante a concesión de axudas económicas a estudantes con discapacidade perséguese que poidan progresar con normalidade no seu proceso de formación académica e profesional, incrementando deste modo as oportunidades de consecución dun emprego de calidade.

Requisitos:

  • Ter finalizado os estudos de licenciatura ou grao.
  • Ter obtido na licenciatura ou grao unha cualificación media mínima de 7 sobre 10.
  • Posuír un dominio suficiente dalgún idioma estranxeiro, preferiblemente o inglés.
  • Non ter formalizado aínda a reserva de praza en ningún dos programas de formación que imparte o Centro Garrigues.
  • Acreditar legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou incapacidade permanente.

Prazo e modo de presentación de solicitudes:

As solicitudes deberán ser presentadas, a Fundación Universia, entre o 1 de maio e o 31 de xullo de 2012.
A documentación presentarase en formato papel, sen grampar, por correo postal á seguinte dirección:

Fundación Universia
Bolsas Fundación Universia- Centro Garrigues. Curso 2012-2013
Avda. Cantabria s/n. Edificio Arrecife Pl.00
28660 Boadilla del Monte (Madrid)

Para obter máis información os interesados poden descargarse o díptico ou ben dirixirse a:

Correo Electrónico: contacto@fundacionuniversia.net
Teléfono: +34 91 289 57 47

Consulta as bases en:
www.fundacionuniversia.net
www.centrogarrigues.com

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric