Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Bolsas Máster Fundación Universia-Psicopraxis 2012/2013 para universitarios con discapacidade

O Programa de Bolsas Másters Fundación Universia-Psicopraxis nace da vontade de fomentar a integración sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades.

Este Programa persegue, mediante a concesión de axudas económicas, que estudantes con discapacidade poidan acceder ou progresar no seu proceso de formación académica e profesional incrementando deste modo as oportunidades de consecución dun emprego de calidade.

Poderán solicitar as bolsas aqueles estudantes que cumpran cos seguintes requisitos:

  • Graduados, Licenciados ou Diplomados. Admitiranse igualmente alumnos na súa fase final de estudos.
  • Acreditar legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou incapacidade permanente.

Poderán beneficiarse destas axudas os estudantes matriculados nos seguintes Másters:

  • Máster en Psicomotricidade, en Madrid.
  • Máster en Psicomotricidade, en Burgos.
  • Máster en Psicomotricidade, en Palma de Mallorca.
  • Máster en Psicomotricidade, en Ibiza.
  • Máster en Atención Temperá, Intervención Psicomotriz, en Madrid.
  • Máster Prevención Psicomotriz Prenatal e na Primeira Infancia, en Madrid.

Concederanse un máximo de 3 bolsas por cada un dos másters enumerados anteriormente, por un importe máximo de 1.500 euros.

O prazo de recepción das solicitudes está aberta dende o 1 de marzo de 2012 ata o 15 de setembro de 2012.

Todos os interesados poden enviar a súa solicitude ao correo electrónico http://beatriz.arribas@universia.net co Asunto: PSICOPRAXIS, achegando Currículo e Certificado de Discapacidade.

Para máis información, consultar a web de Fundación Universia

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric