Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Matrícula gratuíta. UNED


Dende hai anos, a UNED ven coordinando e desenvolvendo unha serie de iniciativas, recollidas baixo o nome "Estudar sen barreiras", cuxa finalidade é facilitar un desenvolvemento pleno no ámbito da vida universitaria ós estudantes con discapacidade.

Deste modo, e segundo o acordado no Consello de Goberno da UNED do 4 de abril de 2006, co fin de que os estudantes acomoden o número de materias en que se matriculan ás súas posibilidades reais de aproveitamento, os estudantes con discapacidade terán exención do pagamento de prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas por primeira vez de ensinanzas reguladas, incluído Doutorado, e no curso de Acceso Directo para maiores de 25 anos. Deberán aboar o 50% dos prezos correspondentes a unha segunda matrícula. Para a terceira matrícula e sucesivas non se contempla a exención de pagamento, aplicándose as tarifas que correspondan e sen prexuízo das convocatorias xerais das bolsas ou axudas ao estudo.

Excepcionalmente, os estudantes que non superen algunha materia por razóns da súa rehabilitación médico-funcional ou pola natureza dexenerativa da súa discapacidade, poderán solicitar na seguinte convocatoria a plena exención de pagamento de prezos públicos para as materias afectadas.

Esta exención de pagamento non alcanza aos prezos públicos por expedición de Títulos e dereitos de Secretaría (prezos de Secretaría, certificados, traslados, compulsas e seguro escolar).

Para estes efectos, e salvo modificación legal ou regulamentaria que así o esixa, terán a condición de estudantes discapacitados todos aqueles alumnos ós cales se lles recoñecese un grao de discapacidade igual ou superior ó 33%. Así mesmo, consideraranse afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ó 33%:

  • Os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao total, absoluta ou grande invalidez.
     
  • Os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

A acreditación do grao de discapacidade farase mediante a achega de copia compulsada do certificado correspondente:

  • No caso de discapacidade, emitido polo órgano competente da Comunidade Autónoma que recoñece a condición e o grao de discapacidade. No suposto de que o documento de recoñecemento fose emitido con anterioridade a 26 de xaneiro de 2000 e estea incluído nos supostos dos recoñecementos de grao de homologación das situacións de invalidez decretadas pola Seguridade Social, non precisarán un novo recoñecemento.
     
  • No caso de pensionistas da Seguridade Social, resolución do recoñecemento de prestación por incapacidade no suposto de que sexa definitiva, e se fose revisable certificado da Dirección Provincial do INSS correspondente con data actualizada ao 1 de outubro do curso no que se matricula.
     
  • No caso de pensionistas de Clases Pasivas, resolución de recoñecemento da pensión por Clases Pasivas do Ministerio de Economía e Facenda ou do órgano de procedencia do funcionario.

A solicitude, debidamente documentada, deberá ser dirixida ó Vicerrectorado de Estudantes, Emprego e Cultura:

Vicerrectorado de Estudiantes, Emprego e Cultura (UNED)
Avda. de Brasil, 26
28020 Madrid
 

Para máis información sobre os servizos prestados pola UNED a persoas con discapacidade, consultar o Centro de Atención a Universitarios con Discapacidade (UNIDIS)

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric