Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Programa de prácticas no Parlamento Europeo para persoas con discapacidade

O Parlamento Europeo ofrece períodos de prácticas remunerados a persoas con discapacidades, como medida de acción positiva destinada a facilitar a súa integración no lugar de traballo.

Estes períodos de prácticas están abertas tanto a licenciados de universidades ou institucións equivalentes coma a persoas cuxas cualificaciones sexan de nivel inferior ao universitario.

O principal obxectivo deste programa é ofrecer a unha serie de persoas con discapacidades unha experiencia laboral significativa e valiosa e unha oportunidade para familiarizarse coas actividades do Parlamento Europeo.

A duración dos períodos de prácticas remunerados é de cinco meses e non se pode prorrogar.
 

Comezo do período de prácticas Período de presentación de candidaturas
1 de marzo Do 15 de agosto ó 15 de outubro a medianoite
1 de outubro Do 15 de marzo ó 15 de maio a medianoite


Requisitos dos candidatos

  • ter a nacionalidade dun Estado membro da UE ou dun país candidato á adhesión;
  • ter cumprido os 18 anos na data de comezo do período de prácticas;
  • posuír un profundo coñecemento dunha das linguas oficiais da UE e un bo coñecemento doutra das devanditas linguas;
  • non ter gozado dun período de formación remunerada nin dun contrato laboral remunerado de máis de catro semanas consecutivas por conta dunha institución europea, dun grupo político ou dun deputado ao Parlamento Europeo;
  • poder certificar que padecen unha discapacidade ou discapacidades (certificado médico, certificado de discapacidade ou tarxeta de discapacitado emitidos por unha autoridade nacional).

Se está vostede interesado nun período de prácticas remunerado no marco do presente programa, lea a descrición do programa de prácticas para persoas con discapacidades, as Normas internas relativas aos períodos de prácticas e visitas de estudos na Secretaría Xeral do Parlamento Europeo e as informacións prácticas para Bruxelas ou Luxemburgo. Tome nota de que as prácticas se poden realizar esencialmente en Bruxelas e Luxemburgo, dado que algunhas oficinas de información nos Estados membros poden non ser capaces de proporcionar adaptacións específicas en materia de accesibilidade.

Para máis información, consultar:

Oficina de prácticas: stages@europarl.europa.eu
Web do Parlamento Europeo

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric