Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Bolsa de estudo para estudantes con discapacidade para ir a unha das Escolas do Mundo Unido. Fundación ONCE e Fundación Comité Español de los Colegios del Mundo Unido

A Fundación ONCE e a Fundación Comité Español de los Colegios del Mundo Unido (UWC, United World Colleges) convocaron unha bolsa dirixida a mozos con discapacidade para estudar o Bacharelato Internacional nalgún dos 13 centros que ten repartidos por outros tantos países de catro continentes. O beneficiario desta axuda, valorada en 45.000 euros, terá a oportunidade de estudar e convivir durante dous anos con outros rapaces e rapazas tamén subvencionados, procedentes de entre 80 e 100 países. Todos eles son seleccionados segundo o seu mérito, potencial, creatividade e compromiso social, sen ter en conta a súa orixe socioeconómica, credo relixioso ou ideas políticas.

Para solicitar esta bolsa patrocinada pola Fundación ONCE e dirixida a mozos con discapacidade é necesario estar a estudar 4º da ESO ou 1º de Bacharelato, ter nacido nos anos 1995 ou 1996, ser español ou residente en España nos últimos oito anos e coa nacionalidade en trámite, contar cun bo expediente académico e coñecementos básicos de inglés.

O impreso de solicitude pode descargarse directamente na páxina web www.colegiosmundounido.es e o prazo rematará o 2 de febreiro de 2012. Aqueles rapaces e rapazas que non cumpran o requisito de nacionalidade, poden solicitar a bolsa a través do Comité Nacional de Colexios do Mundo Unido do seu país de orixe.

Á hora de seleccionar o candidato, o Comité Español dos Colexios do Mundo Unido non só ten en conta un bo expediente académico --non necesariamente brillante-- senón o potencial do alumno e outras cuestións non menos importantes como a súa implicación nos problemas da comunidade na que vive, se desenvolve algunha actividade creativa ou se practica algún deporte.

Durante a súa estadía nos Colegios del Mundo Unido, o rapaz ou rapaza que a consiga deberá dedicar polo menos dúas horas á semana a unha actividade creativa (música, teatro, artes plásticas...); polo menos outras dúas á práctica de deportes, e entre tres e seis horas a programas de asistencia á comunidade. Neste último caso, podemos citar como exemplos impartir clases de inglés a mulleres desfavorecidas na India, colaborar co servizo de gardacostas do Reino Unido ou axudar na conservación dunha reserva mariña en Canadá.

En anteriores convocatorias da Fundación Colexios do Mundo Unido, ademais da Fundación ONCE, todo tipo de institucións públicas e privadas fixeron posible este programa de bolsas: Fundación La Caixa, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Fundación Banesto, Comunidade de Madrid, Fundación Rafael del Pino, Fundación Enagás, BBVA, Fundación Caja Madrid e Fundación Prosegur, entre outras.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric