Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Centro de Rehabilitación

Foto

En España prodúcense, aproximadamente, unhas 1400 lesións medulares cada ano; en Galicia unhas 60. Tras a alta médica posterior á lesión medular sobrevida, é preciso o mantemento da rehabilitación específica para mellorar e conservar as condicións físicas do lesionado medular, pero tamén necesítase preparar as súas habilidades para acceder ao mundo laboral, á formación e ao desenvolvemento autónomo ou o menos dependente posible. É preciso que o lesionado medular encontre os apoios que necesite para vivir integrado no seu ámbito habitual de forma satisfactoria, desenvolvendo as súas capacidades para alcanzar unha calidade de vida aceptable.

Ante a carencia en Galicia de recursos post-hospitalarios integrais para os Lesionados Medulares e as súas familias, Aspaym-Galicia demanda a creación dun centro dotado de persoal altamente cualificado e con material técnico especializado, para que os lesionados medulares poidan ser atendidos de forma constante na súa rehabilitación integral e no mantemento necesario para evitar a súa deterioración persoal. Perséguese, deste modo, a rehabilitación integral, non só no ámbito físico senón tamén no psicolóxico, social, laboral e xurídico.

O noso centro de rehabilitación integral na Coruña

Aspaym Galicia conta cunhas instalacións situadas na cidade da Coruña, a escasos metros do CHUAC, onde se ofrecen servizos de fisioterapia neurolóxica e psicolóxica. Os usuarios teñen acceso a todos os servizos da asociación (información, asesoramento, axuda no fogar, asistencia persoal e accesibilidade) coa garantía de profesionais con experiencia no sector da discapacidade física, e máis concretamente da lesión medular, que traballan conxuntamente nas necesidades específicas dos o paciente. O servizo de psicoloxía e asesoramento inclúe ás familias.

As sesións son individuais e os socios gozan de importantes descontos (cota anual de socio 30 €).

Para acceder a máis información sobre o servizo, horarios e prezos, póñase en contacto co centro:

Teléfono: 881 87 35 07

Correo electrónico: info@aspaymgalicia.org

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Apoie aquí nosa demanda para a creación dun Centro de Rehabilitación en Galicia.

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric