Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Onde Estamos

Aspaym-Galicia ten a súa sede na Coruña, na Rúa Curtis, n.º 10 (baixo), a escasa distancia da Unidade de Lesionados Medulares do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. A adecuación do local foi posible grazas á colaboración da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia, a Fundación Once e IberCaja.

Ademais do espazo destinado ás oficinas, a sede de Aspaym-Galicia conta cunha Aula de Formación completamente equipada con ordenadores de última xeración, grazas á colaboración da Fundación Vodafone. Os equipos dispoñen dos últimos avances informáticos do mercado. Deste modo, grazas ao apoio das distintas entidades que colaboran connosco, Aspaym-Galicia pode ofrecer aos seus socios diversos cursos de formación en informática e novas tecnoloxías.

O centro dispón de dúas entradas accesibles. A primeira delas, situada na Rúa Curtis, está dotada dunha plataforma elevadora para facilitar o acceso das persoas en cadeira de rodas. A segunda, situada na parte traseira do local, resulta completamente accesible a través dunha rampla.

Fronte á sede de Aspaym-Galicia encóntranse situadas dúas prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida.

 
 
  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric