Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Estructura Asociativa

Aspaym-Galicia pertence e depende, xunto con outras 16 Asociacións Aspaym repartidas por todo o territorio español, á Federación Nacional Aspaym, e forma parte, á súa vez, da Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos (PREDIF), con representación no CERMI estatal e no Consello Nacional da Minusvalidez. Tamén está integrada na Federacion Europea de Lesionados Medulares (ESCF) e na Federación Internacional de Persoas con Minusvalidez Física (FIMITIC).

Federación Nacional ASPAYM

A Federación Nacional Aspaym é a entidade estatal representativa das persoas con Lesión Medular e gran minusvalidez física, estando presente, neste momento, en 13 Comunidades Autónomas a través de 17 asociacións.

PREDIF

A Confederación Predif é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito estatal que representa e realiza programas a favor de máis de trinta mil persoas con minusvalidez gravemente afectadas, de forma directa e indirecta, promovendo accións en beneficio de todas as persoas con minusvalidez física en España.

CERMI

O Comité Español de Representantes de Persoas con Minusvalidez (CERMI) canaliza a representación das persoas con minusvalidez e instrumenta a súa participación e a defensa e promoción dos seus dereitos ante os poderes públicos e a sociedade civil.

ESCF

A Federación Europea de Lesionados Medulares (ESCF) é unha organización que representa as persoas con lesión medular en distintos países de Europa. Aspaym-Galicia forma parte desta Federación Europea a través da Federación Nacional Aspaym.

FIMITIC

A Federación Internacional de Persoas con Minusvalidez Física (FIMITIC) é unha organización internacional sen ánimo de lucro, que representa as persoas con minusvalidez física. Aspaym-Galicia forma parte desta Federación Internacional a través de Predif.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric