Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Tenis en cadeira de rodas na Escuela de Tenis Marineda en Cambre

Tenis en cadeira de rodas na Escuela de Tenis Marineda en Cambre

Foto

A Escola de Tenis Marineda pioneira no tenis en cadeira de rodas conta con cinco profesionais coa titulación oficial de TÉCNICO ESPECIALISTA DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS, ademais dun xogador internacional e o capitán da Selección Española Absoluta de Tenis en Cadeira.

Comezando dende a base, iniciamos as clases coa aprendizaxe dos movementos básicos da cadeira, así como o dos golpes básicos de tenis.
No nivel de perfeccionamento os xogadores consolidan a técnica aprendida para incorporar o resto dos golpes do tenis e integralo coa velocidade de desprazamentos na pista coa cadeira. Tacticamente trabállase nas primeiras competicións.

No nivel de competición preparamos os xogadores para disputar o circuíto nacional e internacional, así como para formar parte da selección galega.


Aluguer pistas de tenis

O aluguer de pistas de tenis poderase realizar directamente na Escola aboando a cantidade correspondente. Tamén se poderá reservar por teléfono ou correo electrónico, para o cal se deberá adquirir previamente un bono polo valor de cinco horas de pista.
A cota do aluguer da pista inclúe o dereito a luz artificial en caso de que sexa necesario.

Para anular unha pista reservada deberá facerse con polo menos 24 horas de antelación á hora da devandita reserva.

Achégase tríptico

 

 

Escuela de Tenis Marineda

Rúa Lendoiro nº 29, A Barcala-Cambre-15660 A Coruña

981 653 704 - tenismarineda@tenismarineda.net

www.tenismarineda.net

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric