Saltar a: Menu | Corpo | Pe

AENA convoca 61 prazas reservadas a persoas con discapacidade física ou sensorial

3 de xaneiro de 2011

Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA) convocou dous procesos selectivos distintos e diferenciado para cubrir 61 prazas fixas de persoal laboral reservadas a persoas con minusvalidez física e/ou sensorial cuxo grao de minusvalidez sexa igual ou superior ao 33%. O primeiro é de 23 prazas de titulados universitarios, dos que doce son superiores e once medios, mentres que o segundo é para 38 prazas de técnicos, dos que 35 son administrativos e tres informáticos. En total, son 29 os centros de traballo de AENA onde se convocaron prazas, informou o ente.

AENA creará unha bolsa de candidatos en reserva nos centros de traballo onde se convocan as prazas. As bases destas convocatorias, as prazas convocadas, a súa distribución e os impresos de solicitude pódense consultar e obter na páxina web do ente (http://empleo.aena.es). O prazo de admisión de solicitudes finalizará o 17 de xaneiro de 2011 inclusive.

O xestor aeroportuario é pioneiro en España en políticas de minusvalidez e dispón dende este ano dunha política específica nesta materia, establece obxectivos específicos en materia de minusvalidez e fixa indicadores que permitan analizar o avance e mellora continua.

POLÍTICA DE MINUSVALIDEZ DE AENA.

En AENA traballan actualmente 128 persoas con minusvalidez (88 homes e 40 mulleres). A entidade dispón de actuacións e protocolos que garanten a igualdade de trato e a non discriminación das persoas minusválidas, así como a adaptación a un novo posto de traballo cando se produce unha capacidade diminuída por enfermidade ou accidente.

Así mesmo, o convenio colectivo recolle medidas en beneficio dos traballadores con fillos ou familiares minusválidos tales como dúas horas de flexibilidade horaria diaria, dereito a unha diminución da xornada, dereito a excedencia e reserva de praza de aparcadoiro de vehículo.

Ademais, conta cun Programa de Atención ao Empregado de asesoramento e apoio tanto ao traballador coma a familiares que no ámbito da minusvalidez ofrece información legal e sobre recursos, residencias, axudas, subvencións, centros especiais de emprego, centros ocupacionais, asociacións e organizacións non gubernamentais.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric