Saltar a: Menu | Corpo | Pe

CURSO "APRENDER A COIDAR NA CASA COIDANDOSE BEN"

CURSO "APRENDER A COIDAR NA CASA COIDANDOSE BEN"

2 de outubro de 2012

ABERTA MATRICÚLAA DO CURSO APRENDER A COIDAR NA CASA PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, ENCARGADO Á FUNDACIÓN PIARES PARA A AUTONOMÍA PERSOAL, DENTRO DA PROGRAMACIÓN DOS CURSOS MENTOR DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

O curso está dirixido a coidadores familiares, coidadores profesionais e formadores de coidadores.
Autoras. As expertas en xerontoloxía social, Piar Rodríguez, Teresa Martínez, Pura Díaz-Veiga e a avogada, Martina Castro

Baixo o enfoque do paradigma do Envellecemento Activo e tomando como referencia a Solidariedade Interxeracional, o curso ten como obxectivo aprender a coidar na casa unha persoa en situación de dependencia e aprender a coidarse a se mesmo.
Trátase dun curso on line de 90 horas de duración que os alumnos poden distribuír segundo o ritmo que lles conveña.

Contén técnicas, estratexias e habilidades tanto para coidar ben coma para manter e favorecer o benestar e a saúde das persoas coidadoras e ten un carácter eminentemente práctico ao centrarse en situacións habituais na relación de coidado. Organízase en 6 unidades didácticas:

  1. Papel da familia, necesidades e principios para o bo coidado
  2. Cuidar ben
  3. Cuando o día a día complícase
  4. Orientacións legais para tomar decisións
  5. El autocoidado
  6. Competencias para formadores de familiares coidadores


O curso adáptase aos contidos e formatos que deben ter as actividades formativas para coidadores non profesionais do ámbito familiar, segundo a Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia (LAPAD) e os acordos posteriores do Consello Territorial do SAAD.

  • Destinatarios:

· Entidades ou profesionais que realizan actividades formativas

· Auxiliares do SAD e asistentes persoais

· Familias coidadoras e persoas coidadoras contratadas polas familias

 

Máis información e video promocional do curso en:

http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor (VIDEO PROMOCIONAL DO CURSO)

http://www.fundacionpilares.org

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric