Saltar a: Menu | Corpo | Pe

IV Convocatoria Nacional de Bolsas á Formación dirixida a Estudiantes con Discapacidade. Fundación MAPFRE

 

Fundación MAPFRE, entidade sen ánimo de lucro, promove a "IV Convocatoria Nacional de Bolsas á Formación dirixida a Estudantes con Discapacidade", coa finalidade de sufragar as cargas económicas, orixinadas pola necesidade de axudas técnicas, o desprazamento ás actividades académicas e/ou a adquisición de materiais didácticos.


A quen vai dirixida?

A convocatoria está aberta ós estudantes con discapacidade de calquera das universidades españolas e centros de formación profesional regulada, matriculados en:

  • Titulacións de carácter oficial de 1º e 2º Ciclo (Licenciaturas, Diplomaturas e Enxeñarías), estudos de Grao e Cursos de Acceso para maiores de 25 e 45 anos.
  • Postgraos Oficiais (Máster e Doutorado) e Títulos Propios de Máster, Especialista Universitario e Experto Universitario.
  • Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.
  • Ensinanzas de Réxime Especial: Artística, de Idiomas ou Deportivas.

Poderán optar a estas bolsas aquelas persoas que teñan recoñecida legalmente a condición de "persoa con discapacidade" cunha porcentaxe igual ou superior ó 33%, matriculadas nalgunha das universidades españolas ou centros de formación profesional regulada durante o curso 2012-2013, en calquera dos programas de estudo arriba mencionados. 

 

Documentación Obrigatoria

Os solicitantes deberán cumprir o formulario de solicitude online, e achegar a seguinte documentación obrigatoria xunto coa solicitude:

  • Certificado de Discapacidade
  • Dictámen Técnico Facultativo ou certificado médico oficial no que se recolla o diagnóstico da persoa solicitante.
  • Fotocopia do documento acreditativo da identidade do solicitante (DNI, NIE ou pasaporte)
  • Última declaración do IRPF propia ou, no seu defecto, da unidade familiar.
  • No caso de percibir algunha prestación asociada á discapacidade ou incapacidade, certificado ou documento acreditativo da contía percibida no último ano natural ou da contía a percibir no ano en curso


Selección de Solicitudes

FUNDACIÓN MAPFRE formará un Comité de Bolsas que seleccionará e decidirá, entre todas as solicitudes, as que optarán a unha das bolsas obxecto da presente convocatoria, reservándose o dereito a declarar deserta total ou parcialmente a convocatoria.

A decisión do Comité será irrevogable.

 

Prazos 2012

3 de maio a 15 de xuño de 2012
O solicitante/candidato á axuda, deberá achegar a "documentación obrigatoria" indicada anteriormente nas presentes bases, xunto ao formulario de solicitude on line dispoñible no portal de FUNDACIÓN MAPFRE www.fundacionmapfre.com

18 a 31 de xullo de 2012
FUNDACIÓN MAPFRE comunicará as axudas condicionadas á matriculación e as axudas finalmente non concedidas.

3 de setembro a 26 de outubro de 2012
Matriculación dos estudantes nas súas correspondentes Universidades e Centros de Formación Profesional Regulada, aos que se lles concedeu a axuda condicionada.


*A concesión desta bolsa NON É INCOMPATIBLE co resto de convocatorias doutras entidades, coa única excepción das convocatorias publicadas polo Ministerio de Educación.


Para máis información, consultar as Bases da Convocatoria 2011 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric