Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Promoción del envejecimiento activo de las personas con lesion medular o grandes discapacidades físicas ASPAYM Galicia

Financiamento:
Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeneral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria del 0,7% do IRPF e do Imposto de Sociedades, xestionado por dita Consellería.

Denominación do programa:
PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO ACTIVO DAS PERSOAS CON LESIÓN MEDULAR OU GRANDES DISCAPACIDADES FÍSICAS ASPAYM Galicia.

Contía concedida:
16.075’76 €

Contido do programa:
A través de este programa ofrecemos actividades específicas de mantemento e desenvolvemento tanto físico como cognitivo que manteñan e
melloren as capacidades das persoas con lesión medular ou grande discapacidade física de máis de 55 anos de idade.Traballarase cun enfoque integral e preventivo, abordando o envellecemento activo dende unha perspectiva multidimensional, actuando con carácter preventivo na esfera física, psíquica e social, e tamén de ocio, centrado na persoa e considerando a súa liberdade de decisión. Dende as Áreas Social e Psicosanitaria, unha traballadora social, dúas fisioterapeutas e unha psicóloga traballarán coa fin de que @s beneficiari@s manteñan relacións satisfactorias co entorno, facéndolles sentir a realidade de que teñen capacidade de dirixir a súa propia vida, buscando manter ás persoas usuarias integradas no seu entorno habitual e que sexan membros activos da súa comunidade, facendo especial fincapé na detección precoz e prevención dos problemas sociais do maior, evitando o risco de caer en exclusión social. Do mesmo xeito a traballadora social encargarase de proporcionar a información e asesoramento que esta área requira por parte das persoas usuarias e as súas familias. A Área Psicosanitaria estará integrada por unha psicóloga, que levará a cabo obradoiros e sesións educativas acerca do autocoidado e a imaxe persoal así como de reforzo da autoimaxe ou de outras habilidades para promover maior independencia, e dúas fisioterapeutas, que desenvolverá sesións terapéuticas dirixidas ás persoas con lesión medular ou grande discapacidade física de máis de 55 anos de idade coa fin de acadar un nivel óptimo de movemento para mellorar a súa capacidade física, evitar a perda da función e polo tanto mellorar o estado xeral de saúde e a sensación de benestar. Avaliarán e porán en práctica un plan individualizado de desenvolvemento en coordinación coa área social. Ademais de desenvolver tarefas encamiñadas ao mantemento e prevención do deterioro, porán a disposición d@ usuari@ un equipo que colabore unido a nivel cognitivo, físico, familiar, laboral e social. E dende a Área Comunitaria, tomará especial relevancia potenciar a participación da familia e/ou persoas que conviven coa persoa usuaria, xa que son un elemento fundamental de inclusión social e de permanencia no entorno no que desenvolven a súa vida. Tanto a psicóloga como a traballadora social mediarán, informarán, orientarán e farán sesións grupais individuo/familia para a toma de conciencia da importancia da súa figura na integración no entorno e no contexto social. Nos casos nos que o desprazamento das persoas usuarias non seca posible ou beneficioso, levarase a cabo a intervención a domicilio se a pandemia o permite ou senón a través de videoconferencia ou videochamada.

Obxectivos do programa:
O obxectivo principal que se pretende acadar co programa proposto é: Mellorar a calidade de vida das persoas maiores con discapacidade,
entendendo por esta a percepción que ten a persoa da súa posición na vida de acordo ao seu sistema de valores, crenzas e expectativas,
incluído a súa saúde, o seu nivel de autonomía, o seu estado psicolóxico, as súas relacións sociais e a súa participación activa.

Os obxectivos específicos son os seguintes:

- Potenciar entre as persoas beneficiarias do programa os hábitos e estilos de vida saudables que permitan optimizar as súas capacidades na
esfera física e psicolóxica.
- Impulsar a participación das persoas maiores con grande discapacidade física beneficiarias do programa en actuación preventivas a de
promoción da saúde e actividades de ocio e tempo libre.

- Fomentar a integración social das persoas beneficiarias deste programa, propiciando as súas relacións entre iguais así como con outros grupos
e aumentado a súa rede de apoio.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric