Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Mejora y Adecuación de Materiales y Equipos de Rehabilitación Neurológica 2025 ASPAYM Galicia

Financiamento:

Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeneral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria del 0,7% do IRPF e do Imposto de Sociedades, xestionado por dita Consellería.



Denominación do programa:

Mellora e adecuación de materiais e equipos de rehabilitación neurolóxica 2025 ASPAYM Galicia.

 

Contía concedida: 

10.930’00 €

 

Contido do programa:
ASPAYM Galicia pretende dar cobertura á necesidade de dotar de equipamento axeitado para que os profesionais que desenvolven as súas
tarefas na entidade poidan facelo de forma correcta para as persoas usuarias dos seus programas. Resulta de vital importancia dispor de ferramentas útiles na rehabilitación física que se adapten ao nivel e natureza da lesión. A importancia do fortalecemento da parte inferior do corpo, o que implica os músculos das pernas, incluíndo cuádripces, isquiotibiales e glúteos, sobre todo no caso de lesións medulares incompletas resulta destacable. Por iso pretendemos desde ASPAYM Galicia a adquisición dunha prensa de pernas horizontal, cun deseño ergonómico que ofreza soporte para o lombo e que favoreza a transferencia do usuario dende a cadeira de rodas á máquina. Deste xeito pódense traballar os músculos das pernas de xeito controlado o que axuda a fortalecer a musculatura residual. Isto é esencial para mellorar a funcionalidade e a mobilidade en persoas con lesión medular. Ao mesmo tempo o exercicio nesta máquina axuda a mellorar a circulación sanguínea nas extremidades inferiores. Por outra banda, esta prensa que se pretende facilita a realización de movementos controlados que pode axudar a reentrenar o cerebro e os músculos para traballaren xuntos así como a desenvolver unha mellor conciencia do seu corpo, que resulta esencial para a rehabilitación.
Así mesmo resulta de grande interese poder obter equipos e útiles para facer un entrenamento interactivo. Coa adquisición duns dispositivos con luces led chamados BlazePods créase un entorno de adestramento máis dinámico e efectivo, promovendo tanto a recuperación física como a mellora das habilidades cognitivas, e todo isto desenvolvendo exercicios personalizados e coa posibilidade de monitorear o progreso e así facer as adaptacións precisas.
O feito de acadar unha serie de material de terapia como o que se relaciona neste proxecto resultaría de grande utilidade para mellora a calidade de vida das persoas usuarias.

Obxectivos do programa:
O obxectivo principal que se pretende acadar co programa proposto é:
Mellorar a calidade de vida das persoas con lesión medular e grande discapacidade física de Galicia a través do desenvolvemento de programas
que busquen esta fin e cos medios materiais máis axeitados para favorecer a participación nos mesmos das posibles persoas usuarias.

Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Adecuar a dotación de equipamento da entidade para a atención a persoas con lesión medular e grande discapacidade física de Galicia.
- Dispor de novos equipos axeitados para o desenvolvemento de programas de atención a persoas con lesión medular e grande discapacidade
física de Galicia.
 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric