Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Más Capaces Día a Día ASPAYM Galicia

Financiamento:
Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeneral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria del 0,7% do IRPF e do Imposto de Sociedades, xestionado por dita Consellería.

Denominación do programa:
MÁIS CAPACES DÍA A DÍA SPAYM Galicia.

Contía concedida:
14.123’71 €€

Contido do programa:
A través deste programa pretendemos que as persoas con lesión medular acaden o máximo nivel de funcionalidade posible a través de dúas vías de intervención, que serán desenvolvidas por un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional, que son:
- Compoñentes intrínsecos, aqueles que se viron afectados directamente pola lesión como son, os compoñentes motores e sensitivos, ademais
do resto de áreas afectadas directamente pola lesión.
- Compoñentes extrínsecos, son medios que compensan e converten as actividades e o entorno en accesibles para a persoa. Neste grupo
englobamos aos produtos de o apoio e as medidas de accesibilidade e de modificación do entorno.

A perfecta combinación entre ambos é clave para unha maior autonomía en todas as áreas de desenvolvemento das persoas con Lesión Medular.

Previo á intervención descrita será precisa unha valoración exhaustiva e personalizada, dedicando tempo á exploración física obxectiva, a observación e sobre todo escoita activa da persoa. Esta danos as claves para a mellor intervención, hai que dedicar tempo á escoita facendo unha entrevista onde se teñan en conta todos os aspectos citados anteriormente e se valoren detalladamente.
Con todo isto por parte do profesional será preciso fixar uns obxectivos realistas. É difícil conseguir metas e roles que non se desenvolvían previamente á lesión, ou obxectivos que no están de acordo cos da persoa usuaria. Coñecer a actividade previa da persoa, os seus roles e prioridades, é moi importante para marcar una liña real de traballo.

Ademais será preciso contar cun administrativo que se encargue da parte técnica, da difusión, da canalización e de todo tipo de xestións e organización.

Obxectivos do programa:
O obxectivo principal que se pretende acadar co programa proposto é: Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade acadando un benestar biopsicosocial da persoa, a través dunha abordaxe multidisciplinar, dende o punto de vista da neurorrehabilitación.

Os obxectivos específicos son:
- Mellorar a calidade de vida das persoas con lesión medular ou grande discapacidade física intentando que chegue á súa máxima autonomía e independencia persoal.
- Desenvolver e aumentar as posibilidades motoras e sensitivas e involucralas dentro da función sensorio motora necesaria para desempeñar ocupacións.
- Favorecer a normalización e a integración das persoas con discapacidade no seu entorno.
- Diminuír a carga familiar e social ao devolver o control na medida das súas posibilidades.
 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric