Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Atención Personal y Vida Autónoma - APVA ASPAYM Galicia 2025


Financiamento:
Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeneral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria del 0,7% do IRPF e do Imposto de Sociedades, xestionado por dita Consellería.

Denominación do programa:
Atención Persoal e Vida Autónoma - APVA ASPAYM Galicia.

Contía concedida:
34.907’39 €

Contido do programa:
Con este programa búscase unha abordaxe multidisciplinar, que implique a atención de aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, que transcenda dos enfoques tradicionais de carácter puramente asistenciais e terapéuticos. Traballarase dende unha vertente multidisciplinar e máis integradora, enfocada a intervir no funcionamento do individuo como ser biopsicosocial, ofrecéndolle á persoa con grande discapacidade e nivel de dependencia unha maior oportunidade de integrarse no contexto sociocultural e ambiental co máis alto nivel de independencia e autonomía posible.

Traballarase dende a área social, a través dunha traballadora social e de coidador@s/auxiliares para que a persoa usuaria poida adoptar hábitos independentes para realizar as actividades básicas da vida diaria (hixiene persoal, vestido, aseo, compra, tarefas domésticas...) para desfrutar do seu propio ocio, para facilitarlle a independencia á hora de acceder ao mundo laboral, académico, para manter relacións satisfactorias co entorno, facéndolles sentir a realidade de que teñen a capacidade real de dirixir a súa propia vida. Deste xeito búscase manter ás persoas usuarias integradas no seu entorno habitual e que sexan membros activos da súa comunidade, favorecendo a súa permanencia no entorno e evitando a institucionalización.

Dende a área psicosanitaria unha psicóloga e unha fisioterapeuta centraranse na atención integral de rehabilitación neurolóxica, contemplando tanto a parte psicolóxica como a física. Desenvolveranse tarefas encamiñadas ao mantemento e prevención do deterioro e porán a disposición da persoa usuaria un equipo que colabore unido a nivel cognitivo, físico, familiar, laboral e social.

Dende a área comunitaria tanto psicóloga como traballadora social potenciarán a participación da familia e/ou persoas que conviven coa persoa usuaria, xa que son un elemento fundamental de inclusión social e de permanencia no entorno no que desenvolven a súa vida; mediarán, informarán, orientarán e farán sesións grupais individuo/familia para a toma de conciencia da importancia da súa figura na integración no entorno.

 

Obxectivos do programa:
O obxectivo principal que se pretende acadar co programa proposto é promover a atención persoal e a vida autónoma das persoas con lesión medular e grandes discapacidades físicas de Galicia.

Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas cunha lesión medular e/ou grande discapacidade e das súas familias.
- Facilitar a realización de actividades básicas da vida diaria.
- Favorecer a normalización e a integración das persoas con discapacidade no seu entorno.
- Acadar a independencia no seu propio entorno para evitar situacións de institucionalización non desexadas.
- Fomentar as relacións co exterior coa fin de evitar no posible as situacións de illamento.
- Promover a plena integración social, persoal, académica e laboral das persoas afectadas por unha lesión medular ou gran discapacidade a través da súa atención e promoción persoal.
- Empoderar ás persoas con lesión medular ou grande discapacidade física e ás súas familias, como parte prioritaria na adaptación á nova vida tras a discapacidade
 

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Solicite aquí a participación no Programa de Atención Persoal e Vida Autónoma.

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric