Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Apoyo saludable en red ASPAYM Galicia

Financiamento:
Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeneral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria del 0,7% do IRPF e do Imposto de Sociedades, xestionado por dita Consellería.

Denominación do programa:
APOIO SAUDABLE EN REDE ASPAYM Galicia.

Contía concedida:
15.501’63 €

Contido do programa:
Co programa que se pretende, búscase unha abordaxe de carácter multidisciplinar, que implique ofrecer ferramentas e información de aspectos médicos, físicos, psicolóxicos, sociais, deportivos e de ocio que transcenda dos enfoques tradicionais de carácter puramente asistenciais.

Traballarase dende unha vertente multidisciplinar e integradora, enfocada a intervir no funcionamento do individuo como ser biopsicosocial, ofrecéndolle á persoas con grande discapacidade unha maior oportunidade de integrarse no contexto sociocultural e ambiental co máis alto nivel de independencia e autonomía posible.

Para iso se seleccionaron os temas a tratar máis demandados nestes últimos anos, coa intencionalidade de preparar unha sesión mensual, que achegue ás persoas interesadas entre sí, e a profesionais de cada ámbito a tratar.

Ademais de profesionais específicos, o persoal propio da entidade que desenvolverá tarefas para este programa serán:
- Traballadora social: coordinará o equipo multidisciplinar,impartirá os módulos que abranguen o seu ámbito e seleccionará os profesionais de cada área a tratar.
- Psicóloga: impartirá os módulos que abranguen o seu ámbito e deseñará a liña de información xunto coa traballadora social e desenvolverá as tarefas activas directas.
- Administrativa: encargarase da parte técnica, da audiovisual, da difusión e da canalización das persoas participantes.

Todas as tarefas sinaladas poderanse complementar con outras inicialmente non especificadas que vaian dirixidas aos obxectivos que se perseguen co programa.


Obxectivos do programa:
O obxectivo principal que se pretende acadar co programa proposto é aumentar a calidade de vida, acercando ferramentas de información e compartindo experiencias, acercando os profesionais a persoas con lesión medular e grandes discapacidades físicas de Galicia.

Os obxectivos específicos son os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas cunha lesión medular e/ou gran discapacidade e das súas familias.
- Promover hábitos de vida saudables.
- Ofrecer información actualizada de temas específicos e propios da lesión medular ou grande discapacidade.
- Favorecer a normalización e a integración das persoas con discapacidade no seu entorno.
- Acadar a independencia no seu propio entorno para evitar situacións de institucionalización.
- Fomentar as relacións co exterior, con fin de evitar no posible,as situacións de illamento.
- Empoderar ás persoas con lesión medular ou gran discapacidade física e ás súas familias, como parte prioritaria na adaptación á nova vida tras a discapacidade.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric