Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Máis de 17.400 escolares galegos convértense en actores e directores de cine para deseñar unha sociedade na que as persoas con discapacidade estean máis integrados

22 de xaneiro de 2013  aspaym

Máis de 17.400 alumnos,de un total de 251.980 de toda España, e procedentes de 150 centros escolares de Galicia, inscribíronse na 29 edición do concurso que, baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construír o futuro", proponlles imaxinar como queren que sexa a sociedade do futuro en relación coa discapacidade e a igualdade de oportunidades, e plasmar a súa idea nun vídeo, converténdose nos seus propios actores e directores.

Trátase dun concurso eminentemente práctico e que coincide coa celebración do 75 aniversario da ONCE e os 25 anos de Fundación ONCE. Así, dende o coñecemento e a revisión do pasado e a historia da organización, os estudantes deseñarán o seu futuro ideal.

Na provincia de Pontevedra inscribíronse 55 centros con 7.900 alumnos; na da Coruña, 41 colexios e 5.442 estudantes; na de Ourense, 30 centros e 2.697 alumnos,y, finalmente,en Lugo, 24 centros e un total de 1.367 alumnos.

Como en todas as edicións, os alumnos son os auténticos protagonistas na súa aprendizaxe e, con unidades didácticas que se facilitan aos profesores, teñen a liberdade de despregar toda a súa creatividade e, desta forma, plasmar como queren eles que sexa unha sociedade avanzada que garanta a igualdade de oportunidades.

 

Google e América Latina

O concurso escolar tamén dá protagonismo á escola como eixe sensibilizador e integrador, de concienciación para a igualdade e como elemento clave para a construción de futuro. Os avances dos últimos 75 anos foron enormes na inclusión educativa e preténdese que os máis novos colaboren no futuro, porque serán eles os que se responsabilicen da sociedade en poucos anos.

Os alumnos, que por participar recibirán un regalo sorpresa, terán no seu poder todos os elementos tecnolóxicos para poder empezar a crear o seu vídeo. Os gañadores terán ademais o apoio de Google, que promoverá as súas creacións a través das súas plataformas on line.

Este ano, por primeira vez e grazas ao apoio de Google, elconcurso conta cunha canle premium en Youtube, que se converteu nunha importante plataforma de contidos e intercambio. Outra das novidades que se presentan nesta edición é a súa apertura a América Latina,con a creación dun premio especial Iberoamericano.En esta edición, como inicio da experiencia,se invitou a participar no concurso a unha selección de colexios de México, Chile e Colombia. O obxectivo do concurso é estender este convite en edicións posteriores a todos os colexios destes países para continuar con este importante labor de sensibilización máis alá das nosas fronteiras.

Unha película

Para animar aos colexios a participar,la ONCE elaborou unha curtametraxe. En él,un grupo de nenos descobre unha estraña caixa no faiado do seu avó e cando a abren descobren un mundo descoñecido para eles. A película pretende dar a entender que, no futuro, a situación que teñan as persoas con discapacidade na sociedade se entenderá segundo o que se fixese en anos precedentes e a implicación dos que eran estudantes e mozos con inquietudes.

Como en anteriores edicións, os alumnos participan dentro dunha determinada categoría, segundo o curso no que estuden:

- Categoría A:alumnos de 3º e 4º de Primaria
-Categoría B: alumnos de 5º e 6º de Primaria
-Categoría C: 1º e 2º da ESO
-Categoría D: 3º e 4º de ESO
-Categoría E: Educación Especial


Para as categorías A, B e E existe a posibilidade de elixir o seu medio de participación,bien online e offline, mentres que as C e D traballarán necesariamente de forma online. En calquera dos casos, os alumnos terán no seu poder todos os elementos para poder empezar a crear o seu vídeo.

O concurso estrutúrase nas fases provincial, autonómica e nacional, para a que se establecen premios de diferente índole.

Só por participar, todos os alumnos recibirán un regalo; os gañadores provinciais recibirán un divertido webcam; os gañadores autonómicos,una"caja de experiencias" en familia; e os gañadores estatales,los alumnos unha cámara de vídeo digital,y os profesores unha tablet. Os gañadores absolutos terán o apoio de Google,que promoverá as súas creacións a través das súas plataformas online.

Como en ocasións anteriores e, a través de www.concursoescolaronce.es e @concursoONCE os mestres terán acceso a informacións e material didáctico para axudar aos mozos que os máis importante é tomar conciencia dos problemas dos outros e de poñerse no seu lugar.

 

FONTE: O Faro de Vigo (22/01/2013)

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric