Saltar a: Menu | Corpo | Pe

A Xunta garantiza para o 2013 o mantemento dos fondos de discapacidade.

20 de decembro de 2012  aspaym

A Consellería de Traballo comprometeuse onte cos representantes dos colectivos de persoas con discapacidade de Galicia a "adaptar" ano a ano a repartición dos fondos sociais destinados para este colectivo á "realidade" da poboación con algunha discapacidade en Galicia.

Así o afirmou a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, tras manter unha reunión en Santiago co presidente de Cermi Galicia, Anxo Queiruga, na que tamén participou do o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Con este encontro, a Xunta dá "un "paso máis na calidade e na eficiencia de utilización de fondos públicos" nun "escenario de axustes". "É importante que os gobernos teñamos a capacidade de priorizar", indicou Beatriz Mato, que apostou ademais porque a repartición dos fondos existentes "sexa o máis xusto e solidario posible".

Para iso, ademais de manter para 2013 a cifra de tres millóns de euros de axudas sociais para as entidades relacionadas coa discapacidade, a Xunta levará adiante un protocolo de actuación xunto con Cermi para "consensuar con eles ano a ano" a repartición destes fondos co obxectivo de "adaptalo á realidade da discapacidade en Galicia".

A intención é que a partida destinada ás distintas federacións de persoas con discapacidade"se adapte" á porcentaxe de xente con discapacidade" "na nosa sociedade". A partida pública debe dividirse entre asociacións que traballan con discapacidade física, psíquica e sensorial, e "esa porcentaxe non coincide a día de hoxe coa poboación con esa discapacidade que existe na sociedade", indicou Beatriz Mato, que instou a traballar durante os próximos anos para que esta repartición sexa máis "equitativa".

Pola súa banda, Anxo Queiruga agradeceu o mantemento dos fondos para discapacidade de cara a 2013, o que permitirá "manter o funcionamento das entidades que forman parte de Cermi". Ao mesmo tempo, eloxiou que estes fondos se vaian incorporar "nominalmente aos Presupostos da Xunta, porque así sabemos co que contamos e nos dá unha estabilidade e tranquilidade".

 

Fonte: El Correo Gallego

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric