Programa de Apoyo Psicosocial al Colectivo de Lesionados Medulares Residentes en el Medio Rural Gallego
A través deste programa, Aspaym-Galicia ofrece tanto ós Lesionados Medulares que residan no eido rural galego como ós seus familiares e achegados, un servizo a domicilio de asesoramento e apoio psicolóxico.
O obxectivo deste programa é facilitar a integración social do Lesionado Medular e a súa adaptación ao ámbito en circunstancias tan adversas, a través dunha atención personalizada levada a cabo por unha Psicóloga e unha Traballadora Social. O programa desenvólvese a través dunha serie de sesións nas que participarían tanto o Lesionado Medular como os seus familiares e achegados. Deste modo, búscase garantir a calidade da información que reciben os afectados, contribuír na resolución dos seus problemas, e mellorar a súa calidade de vida.
Este programa lévase a cabo grazas á colaboración da Xunta De Galicia.
Si é usuario rexistrado
Solicite aquí o noso Servizo de Apoio Psicosocial no medio rural galego
Si todavía non está rexistrado
Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.



















