Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Servizo de Asesoramento

O Servizo de Asesoramento ao Novo Lesionado Medular lévase a cabo durante o período post-hospitalario do paciente, co obxectivo de axudar á persoa lesionada, e aos seus familiares e/ou achegados. Durante esta etapa, un traballador social de Aspaym, xunto cun psicólogo e un Lesionado Medular da Asociación reuniranse cos afectados, para orientalos, informalos e asesoralos sobre todas aquelas cuestións relacionadas co proceso de incorporación do novo Lesionado Medular á vida social normalizada. Así mesmo, tamén se ofrecerá información sobre os servizos e os programas que leva a cabo a Asociación para asistir aos novos Lesionados Medulares, unha vez que abandonen o Hospital.

Realizar solicitude

Si é usuario rexistrado

Solicite aquí o Servizo de Asesoramento ó Novo Lesionado Medular de Aspaym-Galicia.

Si todavía non está rexistrado

Para realizar este trámite é necesario estar previamente rexistrado como usuario en Aspaym-Galicia. Pinche sobre o botón que aparece a continuación para proceder ao rexistro de forma gratuíta. Unha vez finalizado, poderá realizar esta solicitude.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric