Atención al Nuevo Lesionado Medular
A escasa información e o alto nivel de ansiedade que presentan as persoas con lesión medular ante a súa nova situación, requiren dun apoio multidisciplinar axeitado, xa que son moitos os cambios aos que se enfrontarán nun futuro próximo. O programa de "Atención ao Novo Lesionado Medular" consta de dous servizos de grande importancia para o Lesionado Medular e os seus familiares e/ou achegados: o Servizo de Asesoramento ao Novo Lesionado Medular e o Servizo de Apoio Psicosocial ao Novo Lesionado Medular.
Servizo de Asesoramento
O Servizo de Asesoramento ao Novo Lesionado Medular lévase a cabo ao finalizar o periodo hospitalario do pacente, co obxectivo de axudar á persoa lesionada e aos seus familiares e/ou achegados
Servizo de Apoio Psicosocial
O Servizo de Apoio Psicosocial ao Novo Lesionado Medular lévase a cabo unha vez que o paciente abandona o Hospital. Este servizo pretende ofrecer ao Lesionado Medular, e aos seus familiares e/ou achegados, unha atención individualizada e/ou grupal, orientada á construción de habilidades, destrezas e recursos que lles permitan enfrontarse aos seus problemas persoais asociados á minusvalidez.



















