Saltar a: Menu | Corpo | Pe

CONVENIO ESPECIAL DA SEGURIDADE SOCIAL PARA TRABALLADORES CON DISCAPACIDADE CON ESPECIAIS DIFICULTADES DE INSERCIÓN LABORAL

GUIA EXPLICATIVA DO REAL DECRETO 156/2013, DE 1 DE MARZO.


Entrada en vigor: 1 de abril de 2013.
O Consello de Ministros (Goberno de España) aprobou o 1 de marzo de 2013 unha norma moi esperada polas persoas con discapacidade e as súas familias.
Por primeira vez crease un instrumento para que as persoas con discapacidade que teñan especiais dificultades de inserción laboral poidan cubrir por si mesmas na súa totalidade ou completar as súas carreiras de cotización a Seguridade Social e así poder acceder as prestacións por xubilación e por morte e supervivencia ( pensións de viuvez, orfandade e en favor de familiares).
A elaboración e adopción desta nova norma negociouse polo Goberno, a través do Ministerio de Empleo y Seguridad Social , co CERMI.

PDF: Real Decreto 156/2013, de 1 de marzo, por el que se regula la suscripción de convenio especial por las personas con discapacidad que tengan especiales dificultades de inserción laboral.

REQUISITOS
Poden acceder o convenio especial tanto as persoas que nunca cotizaran a Seguridade Social como as que si  cotizaran.
Os requisitos para solicitar un convenio especial da Seguridade Social son:
- Ter dezaoito anos ou máis de idade  e non ter cumprido a idade mínima para a xubilación ordinaria
- Residir legalmente en España e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores a data da solicitude de suscrición do convenio especial.
- Ter recoñecida unha discapacidade que implique dificultades de inserción laboral, considerándose como tales:
      1º. As persoas con parálise cerebral, as persoas con enfermidade mental ou as persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33  por cento.
      2º. As persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 por cento.
O recoñecemento das discapacidades ( tipos e graos) que teñen a consideración como de especiais dificultades de inserción laboral, veñen determinadas nunha Lei do ano 2006 e en elas se baseou este Real Decreto, que en ningún caso pode alterar esa categoría.
- Non figurar de alta ou en situación asimilada a alta en calquera dos rexímenes do sistema da Seguridade Social, nin en calquera outro réxime público de protección social ( na data na que se solicita).
- Atoparse inscritas nos servizos públicos de emprego como persoas desempregadas demandantes de emprego, por un período mínimo de seis meses, inmediatamente anteriores a data de solicitude da subscrición do convenio especial.
- Non ter a condición de pensionista de xubilación ou de incapacidade permanente, na súa modalidade contributiva,  nin de xubilación  na súa modalidade non contributiva, nin percibir pensións equivalentes en calquera réxime público de protección social.
Si poden solicitar o convenio, pola contra, as persoas perceptoras dunha pensión de incapacidade non contributiva. Por outra parte, o Convenio non sirve para mellorar a contía dunha pensión de xubilación nin de incapacidade permanente.


PROCEDEMENTO
- Solicítase pola persoa interesada ( ou polo seu representante legal, senon ten plena capacidade de obrar)
- A solicitude vai dirixida a Dirección Provincial da Tesoureria Xeral da Seguridade Social correspondente o enderezo da persoa solicitante.
- A resolución sobre a procedencia de celebrar o convenio especial deberá dictarse e notificarse  dentro dos tres meses seguintes a data da solicitude.
- Silencio positivo: transcurrido dito prazo sin que recaiga resolución expresa, a solicitude poderase entender desestimada polo silencio administrativo.


EFECTOS DO CONVENIO
- O convenio especial  terá efectos dende o día da presentación da respectiva solicitude.
- Durante o ano 2013  e a opción da persoa solicitante,  este convenio especial poderá surtir efectos a partir da data de presentación da respectiva solicitude ou a partir da entrada en vigor deste real decreto.
- A persoa solicitante quedará  dende a data de efectos en situación asimilada a alta na Seguridade Social.


PRESTACIONS
O Convenio cubre as prestacións de xubilación  e de morte e supervivencia (viuvez, orfandade e en favor de familiares)


COTIZACION
- A persoa solicitante deberá aboar as cuotas a Seguridade Social dende a data de efectos do convenio.
- As cotas a pagar son o resultado de aplicar a base o tipo de cotización polas continxencias comúns:
      - Base mensual de cotización (BC): tope mínimo de cotización
      - Tipo de cotización por continxencias comúns (TC)
      - A cota resultante reduciráselle mediante a aplicación do coeficiente (C) que determine anualmente o titular do Ministerio de Empleo y Seguridad Social (0,89 no 2013).

    A cota a pagar en 2013 é: 189,65 €( mensualx12)

ENLACE COAS  MODALIDADES DE ANTICIPACIÓN DA IDADE DE XUBILACIÓN PREVISTAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Sinalar, ainda que nada di a norma, que o período cuberto coas cotas abonadas por este Convenio poden enlazar coas das modalidades de anticipación da  idade de xubilación:

A CUANTÍA DA PENSIÓN RESULTANTE
Dependerá  do  período cotizado e das bases que se computen.
En calquera caso, tería  dereito a persoa beneficiaria a contía mínima, cos complementos de mínimos que lle corresponderan.
1 753,00€ (BC) X 0,2830 (TC) X 0,89 (C)

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric