Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Aspaym-Galicia: Noticias

Nesta sección poderás consultar as principais noticias que afectan ás persoas con lesión medular e informarte de todo o que interesa ao noso colectivo.

Noticias

Máis de 17.400 escolares galegos convértense en actores e directores de cine para deseñar unha sociedade na que as persoas con discapacidade estean máis integrados

22/01/2013 por aspaym

Baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construír o futuro", proponlles imaxinar como queren que sexa a sociedade do futuro en relación coa discapacidade e a igualdade de oportunidades, e plasmar a súa idea nun vídeo, converténdose nos seus propios actores e directores.

Visita a nosa seccion de noticias de actualidade do mundo da discapacidade no noso facebook

15/01/2013 por aspaym

Poderás ver unha sección máis ampliada das noticias de actualidade, asi como visitar toda a nosa páxina pública, accedendo aos nosos albumes de fotos, asociacións relacionadas co mundo da discapacidade, etc,...

A ley da Xustiza Gratuita protexerá especialmente as persoas con discapacidade

15/01/2013 por aspaym

O anteproxecto de Lei de Xustiza Gratuíta, aprobado este venres polo Consello de Ministros, outorga unha protección especial ás persoas con discapacidade.

O Goberno promoverá a contratación pública a centros especiais de emprego

15/01/2013 por aspaym

Tremiño considera que os CEE son vitais para o emprego de discapacitados

JORGE RUIBAL ABOY (Presidente da Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galicia) "Moita xente non pode vir á ortopedia con tanto diñeiro en man"

15/01/2013 por aspaym

Ata o momento os establecementos ortopédicos de Galicia serviron aos seus pacientes sendo o Sergas o pagador. Coa introdución do copagamento nos próximos meses "en principio será o paciente que pague o 100% en tenda e despois o Sergas devolverá a cada un o que corresponda".

A cámara hiperbárica favorece a cicatrización das feridas de mala evolución

15/01/2013 por aspaym

A administración de osíxeno a alta concentración dentro dunha cámara hiperbárica nun paciente que presenta unha ferida de mala evolución, xunto aos métodos de cura convencionais, favorece a súa cicatrización, segundo revela un estudo elaborado polo Complexo Hospitalario Universitario de Canarias.

A Xunta garantiza para o 2013 o mantemento dos fondos de discapacidade.

20/12/2012 por aspaym

O Cermi valora que as axudas se inclúan "nominalmente" nos Presupostos.

Os concellos de Lugo descoñecen canto pagarán pola teleasistencia.

20/12/2012 por aspaym

As diputacións de A Coruña e Ourense aboarán o 100%, fronte ó 50% da lucense.

Unha muller tetrapléxica logra controlar unha man robótica co pensamento

20/12/2012 por aspaym

Os especialistas explicaron que para o avance foi decisiva unha nova forma de transmisión dos impulsos nerviosos que colle como referencia o control natural dos músculos

Distintos copagos para fármacos na botica e na farmacia do hospital

20/12/2012 por aspaym

Haberá que pagar 46 marcas de fármacos, que corresponden a 17 principios activos e que forman parte de tratamentos, na súa maioría destinados a patoloxías crónicas como a psoríase, a esclerose ou a hepatite, que requiren administrarse durante moito tempo.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric