Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Aspaym-Galicia: Noticias

Nesta sección poderás consultar as principais noticias que afectan ás persoas con lesión medular e informarte de todo o que interesa ao noso colectivo.

Noticias

CURSO DE VERÁN UNED 2013: Boas prácticas hacia a inclusión das persoas con discapacidade

29/05/2013 por aspaym

Celebrarase do 10 ao 12 de xulio de 2013 en Madrid. As matrículas que se realicen antes do 1 de xulio terán importantes descontos.

ONCE e PELAYO acordan comercializar seguros específicos para as persoas con discapacidade

23/05/2013 por aspaym

Os novos produtos incluirán para o ramo de autos, entre outras as seguintes coberturas: adaptacións do vehículo en reparación e roubo; vehículo de substitución adaptado para persoas con cadeira de rodas; instalación de cadeas de neve; cobertura de can guía; e danos en cadeiras de rodas.

O seguro de fogar considera, entre outras, adaptacións da vivenda por mobilidade reducida; inclusión no contido de cadeiras de rodas e outros vehículos autopropulsados, así como elementos concretos utilizados por persoas con discapacidade (lupa de lectura, etc.); garantía de "o manitas "; accidentes de can guía; e todo risco accidental, que cobre os danos ao contido por accidentes domésticos.

Boletín de Maio de Predif

23/05/2013 por aspaym

PREDIF sacou o seu segundo Boletín Digital, onde se ofrece información útil sobre turismo e ocio accesible, accesibilidad e discapacidade. Rexístrate e danos a tua opinión!

I Xornadas sobre Accesibilidad Universal no Turismo

07/05/2013 por aspaym

Turismo Rías Baixas convoca a todolos axentes implicados no sector turístico ás I Xornadas sobre Accesibilidad Universal no Turismo que terán lugar no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra os vindeiros días 13, 14, 15 e 16 de maio, en horario de 10.00 a 15.00 horas.

Enquisa confidencial e anónima para un estudo sobre Fantasía Erótica e Discapacidade

30/04/2013 por aspaym

A Universidade Complutense de Madrid está a realizar un estudo sobre imaxinación/fantasía erótica para coñecer a súa frecuencia e prevalencia na nosa poboación.

Véndese bmw serie 1 adaptado

19/04/2013 por aspaym

Bmw adaptado con aro no volante e palanca de freo manual. 177 cv e cambio automático secuencial.

Material Ortoprotésico de segunda man

17/04/2013 por aspaym

Mostramosvos unha lista de material de axuda técnica para persoas con discapacidade física.

Búscanse mulleres con lesión medular que foran nais para colaborar nun estudio sobre discapacidade e maternidade

16/04/2013 por aspaym

O propósito desta investigación é coñecer a experiencia da maternidade e o desempeño dos coidados maternais das mulleres con lesión medular, determinar as estratexias e os produtos de apoio utilizados para desenvolver estes coidados, así como coñecer a perspectiva de profesionais sanitarios expertos en xinecoloxía e obstetricia e en lesión medular.

Proxecto de investigación do CSIC que ten como obxetivo desenrolar dispositivos robóticos que axuden a camiñar a persoas cunha deficiencia locomotriz

08/04/2013 por aspaym

Trátase de exoesqueletos do membro inferior e o seu obxetivo e aplicalo a varias patoloxías: lesión medular, enfermidade neuromuscular, parálisis cerebra, debilidade muscular (anciáns). Neste momento xa se ten desenrolado e funcionando un prototipo para nenos de entre 8 e 11 anos.

Aspaym Galicia inaugura o seu centro social en A Coruña, moi preto da Unidade de Lesionados Medulares (CHUAC)

26/03/2013 por aspaym

O centro social e de recursos situase na rúa Curtis. A entidade funciona na comunidade galega dende 1991 e ata fai un ano, tiña a súa sede en Ferrol. Agora, segundo explicou Jaime Díaz, presidente de Aspaym Galicia, traballarán en A Coruña pola proximidade coa única Unidade de Lesionados Medulares da comunidade, que se encontra precisamente no Chuac.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric