Saltar a: Menu | Corpo | Pe

O Goberno promoverá a contratación pública a centros especiais de emprego

15 de xaneiro de 2013  aspaym

O Goberno está a traballar no desenvolvemento de distintas medidas para apoiar aos centros especiais de emprego, entre a que figura a asignación dunha parte da contratación pública, segundo Ignacio Tremiño, director xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Tremiño anunciou que o seu departamento esta traballando coas comunidades autónomas para reservar o 6 por cento das súas compras a este tipo de empresas que apoian a integración laboral das persoas con discapacidade.

Neste sentido, puxo como exemplo a medida adoptada polo Goberno de Castela e León que a través dun decreto reservou a mencionada porcentaxe da súa compra aos centros especiais de emprego.

O representante gobernamental apuntou que a Administración ten claro que os CEE "son vitais para a promoción do emprego das persoas con discapacidade, polo que a postura do Goberno é seguir traballando para mellorar e consolidar estas estruturas,".

 

Fonte: solidaridaddigital.com

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric