Saltar a: Menu | Corpo | Pe

O Cermi recorda que antes do 2017 todos os concellos deberán ter un 5% de taxis accesibles

17 de marzo de 2014  aspaym

Segundo a normativa vixente, no ano 2017 todos os municipios con este servizo terán que garantir polo menos un 5% do total do parque para taxis accesibles, isto é, aqueles vehículos que poden transportar en condicións de seguridade e comodidade a persoas con mobilidade reducida, incluídas as que usan de cadeiras de rodas.

Para alcanzar este obxectivo legal, as corporacións locais deben intensificar as súas actuacións a favor dun transporte accesible, reservando e outorgando as licenzas de taxis accesibles -de nova creación ou reconvertendo tradicionais- necesarias para cumprir en 2017 ou antes coa obriga normativa.
Neste prazo, os Cermis autonómicos vixiarán os niveis de cumprimento dos concellos obrigados, esixindo que tomen as medidas necesarias para que esta reserva sexa real e efectiva conforme á legalidade aplicable.

Segundo o 'Libro Branco do Eurotaxi-Un Taxi para Todos', elaborado pola Fundación ONCE e o Cermi en 2012, a esa data, apenas existían municipios que cumprisen con esta reserva do 5%, polo que os municipios han de comprometerse firmemente coas políticas de accesibilidade no servizo de taxi.

 

Fonte: servimedia

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric