Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Distintos copagos para fármacos na botica e na farmacia do hospital

20 de decembro de 2012  aspaym

O novo copagamento sobre fármacos que quere establecer o Ministerio de Sanidade refírese a un grupo concreto de medicamentos. Aínda que 46 marcas de fármacos se verán afectadas pola medida, en realidade só afecta a 17 principios activos. Estes forman parte de tratamentos, na súa maioría destinados a patoloxías crónicas como a psoríase, a esclerose ou a hepatite, que requiren ser administrados durante moito tempo. Dende hai uns anos e nalgunhas comunidades, estes compostos deixaron de ser administrados nas boticas para ser dispensados dentro do hospital.

Actualmente existen tres procesos de dispensa de medicamentos no noso país. Un é o que se fai nas oficinas de farmacia, a través da prescrición por receita médica. Os outros dous teñen un mesmo nome: orde médica hospitalaria para dispensa.
Nun caso, son os medicamentos que se administran cando o paciente está ingresado, é dicir, de uso hospitalario. E o terceiro caso engloba fármacos de 'diagnóstico hospitalario' e que son prescritos por un especialista médico. Segundo a comunidade autónoma, pódense adquirir na oficina de farmacia (as que se encontran nas rúas) ou na farmacia dentro do hospital.

"Hai varios anos algunhas comunidades decidiron dispensar este tipo de medicamentos nas farmacias hospitalarias porque esta adquisición supoñía un aforro para o sistema e para o paciente, ademais, permitía desenvolver protocolos terapéuticos que, doutro xeito, non se poden facer. Ao longo deste tempo, ten visto que este tipo de dispensa [dentro do hospital] é moi eficiente", explica José Luis Poveda, presidente da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH).

Poveda manifesta que o Ministerio non lles comunicara nada acerca deste proxecto. Mantivemos reunións con Sanidade por outros proxectos, pero deste non sabiamos nada nin nos consultara para que valorásemos o punto de vista científico nin as consecuencias para o paciente".

Dende o seu punto de vista, non ten moito sentido esta medida. Non quero dicir que non o teña, é que non o coñezo porque Sanidade non nos consultou. Pero, dende o punto de vista recadatorio non creo que supoña moito diñeiro, porque estes pacientes constitúen unha porcentaxe baixa dos que se tratan nun hospital. Por outro lado, este copagamento obriga á as comunidades que dispensen estes medicamentos nos seus hospitais a introducir procedementos para que estes pacientes fagan o copagamento, o que supoñerá un custo burocrático, ademais do inconveniente que supón para os enfermos".


A diferenza do copagamento farmacéutico para os medicamentos que se dispensan nas farmacias e cuxo principal obxectivo, segundo Sanidade, é evitar o malgasto que se fai no noso país, este copagamento non parece que vaia por ese camiño. Non se pode ver como unha medida disuasoria xa que se trata de medicamentos de patoloxías crónicas. "Non hai que disuadir, porque a xente ten un compromiso vital co seu tratamento e os graos de cumprimento xa son moi elevados,".

En canto a se a nova medida pode propiciar a diminución de adherencia á terapia, Poveda considera que isto dependerá da situación económica dos pacientes.
Por outro lado, o presidente de SEFH adianta que este tipo de dispensa vai ser avaliada "para coñecer o significado de establecer estes tratamentos nos hospitais", cuxo impacto será diferente en función da súa aplicación. "É diferente en función da comunidade. Hai algunhas, como Canarias ou Castela e León, que teñen incorporados unha menor magnitude de medicamentos dentro do hospital, en cambio, outras, como Cataluña, Madrid, Valencia ou Andalucía, contan cun maior número de medicamentos cuxa dispensa se fai desta forma".

Por último, Poveda sinala que "sen afectar a moitos pacientes nin medicamentos, non creo que este copagamento sexa unha medida para corresponsabilizar os pacientes nin coa que se recade moito diñeiro, non creo que o seu impacto sexa grande dende o punto de vista económico para o Estado. Non logro ver o sentido desta medida, aínda que supoño que o terá,".

 

Fonte: Medulardigital (http://www.medulardigital.com/main.php?act=dnews&s=1&n=4931#.UNGd0PAO9Qs.facebook)

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric