Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Curso de Tenis en cadeira de rodas na Escola de Tenis Marineda (Cambre)

4 de abril de 2014  aspaym

A Escola de Tenis Marineda poñerá en marcha de novo a Escola de Tenis Adaptada da Coruña, grazas á colaboración da Fundación Emalcsa e do Concello da Coruña.

Dita escola desenvolverase nas instalacións do Club Escola de Tenis Marineda desde o 1 de abril ata o 31 de decembro de 2014, con arranxo ás seguintes características e condicións:

1.- PRAZAS OFERTADAS: 60

2-. CUSTO DOS CURSOS: 1h/sem = 15,40 €/mes e alumno 2 h/sem = 23€/mes e alumno

2.1.-O prezo das clases estará subvencionado nun 50 % durante todo o ano con respecto ás tarifas habituais da propia Escola de Tenis Marineda. (1 h/sem =30,80€  e 2/sem = 46 €/mes)

2.2.- O pago das clases farase mediante cargo na conta bancaria de cada alumno a primeiros de cada mes.
2.3.- Non se cobrará matrícula nin cota de entrada.

2.4.- Establécese a obligatoriedad de sacar a licenza federativa o primeiro mes sendo esta válida para todo o ano (prezo = 24,75€). Dita licenza é válida todo o ano e cobre o seguro médico deportivp

3.- GRUPOS: Mínimo 6 alumnos por grupo (non é necesario que sexan da mesma asociación).

4.- IDADES: Desde os 7 anos

5.- LUGAR: Club Escola de Tenis Marineda.

As instalacións deportivas da Escola de Tenis Marineda están situadas en Rua Lendoiro nº29, 15660, A Barcala, Cambre.
Como chegar: https://www.google.é/maps/place/Escola de Tenis Marineda/@43.305453,-8.346961,17z/data=!3m1!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0xf3ac01555f238642

O desprazamento realizarase por medios propios.

6.- INSCRIPCIONES: Por mail a tenismarineda@tenismarineda.net entregando esta FOLLA DE INSCRIPCION

7.- HORARIOS CLASES.

Disponibilidad mañás ou tardes de luns a domingo. Adaptámosnos ás necesidades de cada alumno, tratando de reunir o mínimo esixido de 6 nun mesmo grupo e hora.

Ao inscribirse un alumno ou grupo de alumnos, estes deberán "suxerir" o horario máis conveniente para eles e tratarase de cumprir.

Horarios dispoñibles tardes: Luns de 17,00 - 18,00 h.
Luns de 18,00 - 19,00 h.

Martes de 17,00 a 18,00 h.
Mércores de 18,00 a 19,00

Mércores de 19,00 a 20,00 h.
Xoves de 17,00 a 18,00 h.

Venres de 17,00 a 18,00 h.
Sábados de 16,00 a 17,00 h.

Sábados de 17,00 a 18,00 h.

Domingos de 13,00 a 14,00 h.

 

Se tedes problemas co transporte para acudir a estas clases, poñédevos en contacto connosco en info@aspaymgalicia.org ou ben chamándonos ao 881 87 35 07

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric