Saltar a: Menu | Corpo | Pe

Convocatoria de prazas para campamentos de verán da Xunta de Galicia

2 de abril de 2014  aspaym

A Consellería de Traballo e Benestar convoca prazas en Campamentos de Verán para persoas con discapacidade.

No DOG do día 26 de marzo acaba de publicarse a Orde do 17 de marzo pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2014 que xestiona a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Este ano, dentro desa convocatoria resérvase un considerable número de prazas para persoas con discapacidade, e como NOVIDADE ofértaselles a posibilidade de participar en dúas modalidades:

- Oferta xeral de prazas en todos os destinos nas mesmas condicións ca o resto dos destinatarios.

- Oferta específica de prazas de inclusión en determinados destinos nos que, polo menos, se reservan 4 prazas destas características en cada un.


Ambas opcións son excluíntes e a adxudicación das prazas faise mediante sorteos diferentes (un para cada modalidade).

MAIS INFO EN: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html


Por outra parte, a Secretaria Xeral de Política Social tamén está a traballar na convocatoria de prazas de CAMPAMENTOS ESPECIFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADEcon idades comprendidas entre os 11 e os 40 anos e sobre os que poderán consultar proximamente a información e as características dos destinos que se van ofertar en:

http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran 

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric