Saltar a: Menu | Corpo | Pe

ASPAYM e Fundación ONCE elaboran un estudo sobre o acceso aos centros de referencia e tratamento da lesión medular en España

8 de abril de 2015  aspaym

A Federación Nacional ASPAYM en colaboración con Fundación Once, está a realizar un diagnóstico sobre a situación actual de acceso aos Centros de Referencia e tratamento da Lesión Medular en España, co propósito de detectar as barreiras existentes para o acceso a estes e identificar os cambios acontecidos en relación a esta situación nas distintas Comunidades Autónomas, que permita elaborar un informe sobre recomendacións e solucións a implementar nesta materia.

Nos últimos anos identificáronse situacións nas cales pacientes con lesión medular susceptibles de recibir atención nestes centros de referencia estatal, encontraron trabas para acceder a estes. Esta circunstancia afecta ás súas posibilidades de recuperación funcional e implica consecuencias na súa saúde a medio e longo prazo.

A finalidade deste estudo consiste en realizar un diagnóstico da situación actual en canto ao acceso das persoas con lesión medular aos centros de referencia estatal, con independencia do seu territorio de residencia.

Para colaborar neste estudo, pode acceder a través deste link:
http://lesionmedular.consultaopinion.com/Encuesta.aspx?idEncuesta=86

Así mesmo, se necesita realizar calquera consulta ou ben detecta algún erro, pode poñerse en contacto a través de: contactar@consultaopinion.com

 

Grazas pola súa colaboración!

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric