Saltar a: Menu | Corpo | Pe

A Rede de Museos, galardoada pola Once pola súa atención a discapacitados

9 de febreiro de 2012  Aspaym

Os museos integrados na rede museística provincial, dependentes da área de cultura e turismo da Deputación de Lugo, foron galardoados nos V Premios Solidarios, que convoca anualmente a Once-Galicia. En concreto, o premio foi concedido á rede museística lucense, na categoría de accesibilidade universal.

O xurado destacou, con especial interese, o programa 'Pelexamos polo posible, loitamos polo visible', que dende 2008 se desenvolve nos catro museos que conforman a rede e no que se mostra un importante labor de sensibilización e esforzo ao levar adiante un paquete integral de actuacións de accesibilidade nos edificios dos museos, así como tamén a normalización da participación do colectivo de persoas con discapacidade en todas as actividades programadas polos centros da rede.

  • Asóciate
  • Rexístrate
  • Colabora
  • Alertas
  • Preguntas Frecuentes
  • Lexislación
  • Ligazóns Recomendadas
  • Contatar
laboratorios
  • Coloplast España
  • Hollister
  • La sonda Lofric